28.6.12

Voluntariado Dixital


Un total de 67 empresas, concellos, asociacións e organismos públicos se suman ao programa de Voluntariado Dixital da Xunta

A Iniciativa, que ten como obxectivo incorporar as novas tecnoloxías á vida cotiá dos colectivos de maiores e persoas con discapacidade, conta xa co apoio de preto de 200 voluntarios dixitais.

O programa suma a solidariedade individual dos voluntarios, a responsabilidade social das empresas TIC, o apoio das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas.

As actividades previstas permitirán estender este ano a oferta pública de alfabetización dixital a 3.500 persoas maiores e a oito federación de persoas con discapacidade.

O Programa de Voluntariado Dixital, que están a desenvolver a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Traballo e Benestar, avanzou hoxe un paso máis coa adhesión formal de 67 entidades a esta iniciativa, que busca facilitar o acceso ás novas tecnoloxías a persoas maiores e persoas con discapacidade co apoio de persoas voluntarias.

Esta mañá un total de 41 entidades de acción voluntaria, 10 organismos públicos e privados e 16 empresas do sector tecnolóxico asinaron os protocolos de colaboración nos que se establece a súa participación no Programa de Voluntariado Dixital. A este apoio hai que sumar o dos 191 voluntarios que se adheriron á iniciativa en xaneiro e que poñen á disposición das entidades de acción voluntaria o seu tempo e os seus coñecementos naqueles proxectos relacionados coas TIC que estean realizando.

A iniciativa suma así a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas para incrementar as accións de alfabetización dixital.

O acto de sinatura estivo presidido pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro. En representación dos asinantes interviñeron Anxo Queiruga, presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na Comunidade (CERMI Galicia); María Luisa Ansorena, presidenta da Unión Democrática de Pensionistas; Fernando Suárez, presidente do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia; Manuel Ruiz, alcalde Ribeira en representación da FGAMP; e Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente e presidente en funcións do Cluster TIC Galicia.

Entidades de acción voluntaria

Baixo este epígrafe o programa aglutina ás 41 asociacións sen ánimo de lucro dirixidas fundamentalmente aos colectivos de maiores e persoas con discapacidade, xunto cos 15 concellos que participan directamente na execución desta iniciativa solicitando voluntarios para proxectos do ámbito dixital que xa está a desenvolver ou outras iniciativas relacionadas coas TIC que desexen poñer en marcha.

Mecenas dixitais e organismos colaboradores

As 16 empresas do sector tecnolóxico adheridas ao programa actúan como mecenas dixitais contribuíndo economicamente na formación de voluntarios, na doazón de equipamento TIC e outros bens, na cesión de uso de espazos TIC, apoiando a comunicación ou financiando eventos específicos.

Os 10 organismos colaboradores son tanto entidades públicas e privadas que se ocupan de realizar actividades de difusión entre os seus colectivos de actuación, cedendo o uso de espazos TIC e participando na selección e formación de voluntarios.

Voluntarios

Actualmente están adheridos ao programa 191 voluntarios dixitais, todos eles cun perfil común de internauta maior de 18 anos, con coñecemento tecnolóxico de usuario medio capaz de axudar cos seus coñecementos e sentido da solidariedade á alfabetización dixital.

Os voluntarios completaron en abril o programa de capacitación incluído no Plan de Formación do Voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude e xa comezaron a colaborar coas entidades de acción voluntaria. A día de hoxe xa xestionaron preto dunha decena de apoios dixitais e están previstas entre xullo e setembro máis de 30 accións en colaboración coas aulas para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT).

A coordinación entre a oferta e a demanda de voluntarios é xestionada pola unidade de coordinación VolDixital. Esta unidade, integrada por profesionais da Amtega e da Dirección Xeral de Voluntariado, é a encargada de poñer en contacto ás entidades de acción voluntaria a e ás persoas voluntarias para a realización das iniciativas de apoio dixital.

Incrementa a oferta pública de alfabetización dixital

Con esta iniciativa compleméntase ás actuacións que está xa a levar a cabo a Xunta no ámbito da alfabetización dixital coa rede de aulas CeMIT, nas que en 2012 se impartirán 3.000 cursos a 15.000 usuarios. As actividades do Programa de Voluntariado dixital permitirán estender este ano a oferta pública de alfabetización dixital a 3.500 persoas maiores e a oito federación de persoas con discapacidade, que representan o 92% deste colectivo en Galicia, reforzando así as actuacións para reducir a fenda dixital.

Apoio da infraestrutura pública

Programa de Voluntariado Dixital conta coa infraestrutura e equipamento tecnolóxico da Adminstración autonómica como as 98 aulas da Rede de aulas CeMIT, as máis de 300 bibliotecas públicas, os 79 centros sociocomunitarios, os 81 centros CeDIM e outros recursos que poñan á disposición do programa tanto os mecenas como as entidades colaboradoras.

O programa está integrado nunha das liñas estratéxicas de 2014.gal Axenda Dixital de Galicia e no Plan Galego de Acción Voluntaria 2010-2014.



5.6.12

Stand Informativo Fene

Jornada sexualidad - diversidad funcional

Identificación del programa:

Nombre: Jornada Sexualidad - Diversidad Funcional.

Período de ejecución: 13 de Junio de 2012.

Lugar: Centro Quérote+ Ferrol.

Fundamentación:

Presentamos en este documento una jornada sobre sexualidad y diversidad funcional  para el día 13 de Junio del presente año.  El eje fundamental alrededor del cual estableceremos los objetivos a conseguir será la recopilación de lo trabajado a los largo de los años en el centro Quérote+ Ferrol con asociaciones cuya función es trabajar con personas con diversidad funcional.

Proponemos la realización de una jornada  organizada por el Centro Quérote +, con el objetivo primordial de lograr  unificar a todas las asociaciones con las que colaboramos y recopilar lo trabajado en estos últimos 4 años, tanto con usarios, como con familias y profesionales.

Objetivos:

Objetivo general

- Unificar y recopilar todo lo trabajado desde Quérote+ Ferrol en el ámbito de la diversidad funcional.

Objetivos específicos:

-       Reunir a todas las asociaciones que trabajan con diversidad funcional para recopilar todo lo trabajado con Quérote+ Ferrol hasta el momento.

-       Unificar a usuarios, familias y profesionales para compartir experiencias y conclusiones de lo trabajado con Quérote+.

-       Unificar las líneas de trabajo y aportaciones entre las entidades que colaboraron en el proyecto.

-       Fomentar el respeto, la tolerancia, la accesibilidad y la empatía más allá de límites y prejuicios.

-       Crear un espacio en el que los/las usuarios pasen un rato ameno para llevar a cabo distintas actividades en las que fomentar relaciones sociales óptimas y positivas.


 Desarrollo de la campaña:
1.    Se llevará a cabo una Jornada de mañana y tarde en la que:

-       Por la mañana: se combocará  a las familias y profesionales de diferentes asociaciones para llevar a cabo :

° Exposición de un resumen de lo trabajado hasta ahora por el centro Quérote+ Ferrol en el ámbito de la diversidad funcional.

° Proyección de la película “Yo también”.

° Intercambio de opiniones y experiencias entre profesionales y familias, estableciendo conclusiones de lo trabajado hasta ahora.

-       Por la tarde: se combocará a los usuarios de diferentes asociaciones y se realizará el taller “Sexprésate”.



2.    Además se relizarán circulares con la programación de la jornada para repartir a las diferentes asociaciones: a familias, usuarios y profesionales.


3.    Estarán invitados a paraticipar:: COGAMI, TEIMA- Down Ferrol, CHAMORRO, ASPANEMI y ASCM ( Asociación de personas con diversidad funcional en Ferrol).

4.    Se  establecerá contacto con los medios de comunicación para explicar el por qué de la jornada: artículo en prensa, entrevista en radio...

Temporalización:

Miércoles 13 de Junio de 2012:

Mañana: 10:00 h. - 14:00 h.

Tarde: 17:00 h. – 19:00 h.


Recursos:
Para el desarrollo de la campaña se necesitarán los siguientes recursos:

- Material divulgativo.

- Epacio o contexto dónde desarrollar la jornada: sala amplia con sillas en forma de U.

- Cañón, pantalla, ordenador y altavoces.


www.xuventude.net