29.7.07

SPINNAKER´2007




Igual que el año pasado el Puerto de Ferrol acogerá nuevamente otra edicción más del Salón Nautico SPINNAKER
donde habrá Curso de vela adaptada desde el Miércoles 1 hasta el domingo 5 de 10 a 20 horas, esperando tener este año más suerte para que realmente sea posible realizarlo, ya que el año pasado por problemas climáticos causados por el fuerte viento imposibilitó realizarlo.
La Asociación Socio Cultural de Minusválidos participará en el Curso de Vela Adaptada.

26.7.07

FACENDO INVENTARIO PARA O RASTRILLO





Estas fotos foron despois dunha tarde de esas que nos chamamos "de rastrillo" porque antes de poder disfrutar das vacacións estamos a traballar moito no inventario do material do próximo rastrillo solidario...

25.7.07

XUNTANZA PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA




Seguimos a traballar no Plan Estratéxico que temos, por eso reunímonos unha vez o mes para comprobar e analizar os plans de acción que temos que levar a cabo.

24.7.07

XUNTANZA VOLUNTARIADO ASCM



Este mes moitos dos novos voluntarios xa están de vacacións pero ainda así xuntamonos uns cantos... Nos vemos de novo o 5 de Setembro.

FORMACION SOBRE A BLOGOSFERA E GRUPOS DE CORREO




Para poder conocer como consultar y participar en los grupos de correo
y en el blog, hemos organizado una jornada de formación para
voluntarios y miembros de la asociación el próximo lunes día 30, repartido en
dos grupos que no son incompatibles, es decir cada uno puede escoger
participar 4 u 8 horas, según su necesidad y/o interés sobre el tema.

Aula Informática de Narón de 10.00 a 14.00 (Crta. de Castilla, 256
Bajo)
Aula Informática de Ferrol de 16.00 a 20.00 (C/ Fernando VI, Bajos
18-19, Bl 2)

18.7.07

VACACIÓNS

Xa estamos a punto de ir de vacacións pero espero que o blog siga activo con todos os comentarios que queirades deixar por aqui, pois como xa todos sabemos o OCIO E o TURISMO non é de todo accesible, por ese motivo deixaremos esto como unha ferramenta de denuncia, sen esquencer que seguen en marcha as MULTAS SIMBOLICAS.
Disfrutade do descanso e de lecer.

7.7.07

NOVAS TECNOLOXIAS E ONG´S


A Asociación Socio Cultural de Minusválidos ASCM, participará no LABORATORIO DE INNOVACIÓN SOCIAL , un proxecto que pretende formar ás personas que traballan en entidades do Tercer Sector no uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), co fin de transformar a xestión diaria das organizacións, así como profundizar no impacto potencial que as novas tecnoloxías da información poden supoñer no desempeño da súa misión social.

O proxecto consta de duas partes:

Módulo presencial. Na Coruña o venres, 13 de xullo de 2007
na Biblioteca Pública Miguel Glez. Garcés. C/ Miguel González Garcés. Nº 1. de 10 a 14 horas

Módulo online. Os alumnos que asistan as sesións, pasarán a formar parte dunha comunidade virtual.

ULTIMAS REPRESENTACIÓNS DE TEATRO ATA SETEMBRO

ANTEPROXECTO DE LEI DE ACCIÓN VOLUNTARIA A DEBATE

O Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria xa dispoñible na nosa web.

Para elaboración da nova Lei de Acción Voluntaria de Galicia seguiuse unha metodoloxía participativa toda vez que é o froito dun proceso de debate e participación pública, iniciada cun documento previo de bases para a reforma que foi obxecto de exame e discusión en diferente foros de expertos así como no Congreso Galego de Voluntariado organizado a tal fin.

As conclusións arroxadas como consecuencia deste Congreso Galego de Voluntariado serviron para enriquecer o contido do Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria.


Podes deixar as túas achegas e suxestións ao Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria a través do formulario de suxestións habilitado na nosa web.

O prazo de recepción estará aberto ata o 11 de xullo.

NOVA DELEGACIÓN ASCM CEDEIRA

A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS (ASCM) ABRE UNHA DELEGACIÓN EN CEDEIRA

A delegada da ASCM en Cedeira da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), Dna. Raquel Pardo, mantivo unha reunión o pasado mércores día 4 de xullo co Sr. Alcalde do Concello de Cedeira, D. José Luís Vargara, e con D. Xermán Tobío, Concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude, para tratar o tema da apertura dunha delegación da ASCM na vila de Cedeira.

En devandita reunión os representantes da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) solicitaron do concello de Cedeira un local para levar a cabo diversas actividades con persoas discapacitadas así como para posibilitar a existencia dun punto de información e orientación.

O mencionado local foi concedido á ASCM e sitúase na 3ª planta do Auditorio Municipal da vila de Cedeira.

Así mesmo, desde a alcaldía comprometéronse a colaborar coa ASCM nos temas de eliminación de barreiras arquitectónicas a pé de rúa, posibilitar a adaptación nas instalacións da piscina municipal (vestiarios, duchas, guindastre) e solicitar un monitor específico para a atención das persoas con discapacidade)

O concello colaborará tamén coa ASCM facilitando instalacións para o desenvolvemento dalgunha actividade deportiva concreta que leven a cabo acodes con discapacidade.

A Delegación da ASCM en Cedeira está composta polos seguintes representantes:

• Dna. Raquel Pardo
• D. Juan Carlos García
• D. Antonio Rodríguez
• D. Miguel Ángel
• Dna. Emilia Durán
• D. Diego Brocos
• D. Juan Nebril