Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xornadas. Mostrar todas las entradas

3.10.11

Programación das xornadas de voluntariado da ASCM

Venres 7 de outubro de 2011 no Auditorio Municipal de Narón

10:00 – 10:15 Recepción e entrega de documentación
10:15 – 10:30 Inauguración a cargo do Subdirector de Voluntariado da Xunta: Alberto Otero Peña, da Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá: Catalina García, e do Presidente da ASCM, Ángel Gárate.
10:30 – 11:15 Ponencia: “Marco Lexislativo do Voluntariado” a cargo do Subdirector de Voluntariado da Xunta: Alberto Otero Peña
11:15 - 12:00 Ponencia: “III Plan Galego de Acción Voluntaria (2011-2014)” a cargo de David Pereiro: Responsable da área de estratexia e formación de Algalia

12:30 – 13:15 Ponencia: “Solidariedade na Universidade”, a cargo de Vanessa Míguez: Técnica da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC
13:15 – 14:00 Ponencia: “Participación cidadá” a cargo da Concelleira de Acción Social e Participación Cidadá de Narón: Catalina García

16:30 – 17:15 Ponencia: “Voluntariado Corporativo – RSC” a cargo dun representante da Fundación Mapfre
17:15 – 18:00 Mesa redonda: “A nosa realidade” integrada por representantes de AFAL, AFAES Porta Nova, Nuestra Señora de Chamorro, Asociación Néboa e A.V.V. O Val.

18:15 – 19:00 Ponencia: “Xestión do voluntariado” a cargo da Técnica de Voluntariado da ASCM, Paula Gárate
19:00 – 19:30 Clausura a cargo do Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco e entrega de diplomas.

10.4.08

O AUDITORIO DE NARÓN ACOLLE AS XORNADAS SOBRE A LEY DE DEPENDENCIA



O auditorio municipal de Narón acolleu a primeira edición das “Xornadas sobre a Lei de Dependencia”, organizadas conxuntamente po-la Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) é Afaes-Porta Nova.

Despois da inauguración coa presencia da Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Narón, Dna. Ángeles Díaz e os presidentes de AFAES Porta Nova e a Asociación Socio Cultural de Minusválidos ASCM.
A primeira ponencia foi a cargo de D. Jesús Norberto Fernández Muñoz,da Subdirección Xeral de Planificación, Ordenación e Evaluación do IMSERSO.
Tras a pausa para o café, fixose un coloquio entre os asistentes o non poder asistir a coordinadora da Unidade de Coordinación da Lei da Dependencia da Secretaría Xeral do Benestar, Montserrat García.
A primeira hora da tarde ó persoal da asociación Afaes-Porta Nova moderou a ponencia de D. José Ramón Girón García. Presidente de FEAFES Galicia para continuar coa ponencia de D. Óscar Moral, asesor xurídico de Coamificoa e do Cermi Estatal.
Na clausura das sesións estiveron presentes os concelleiros de Servicios Sociais D. Miguel Hermida e a Concelleira de Igualdade Dna. Mª Carmen Espada.
Os asistentes fíxose entrega dun diploma.