Mostrando entradas con la etiqueta Xunta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xunta. Mostrar todas las entradas

1.4.22

Elena - Voluntariado inclusivo ASCM

  Campaña de sensibilización voluntariado inclusivo


Financiado por la Orden do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

17.3.22

María - Voluntariado inclusivo ASCM

 Campaña de sensibilización voluntariado inclusivo


 Financiado por la Orden do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

25.2.22

Loli - Voluntariado inclusivo ASCM

 Campaña de sensibilización voluntariado inclusivo


Financiado por la Orden do 23 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

23.12.19

El equipo de Voluntariado de la ASCM terminó un curso de Voluntariado Interxeneracional de Voluntariado Gallego


  • La formación se impartió, a lo largo de la pasada semana, con especial hincapié en la perspectiva de género.
Voluntarios de ASCM durante el curso de Voluntariado Intergeneracional.

Más de una decena de voluntarias y voluntarios de la Asociación Sociocultural ASCM, participaron en el curso de Voluntariado Interxeneracional, que se impartió, la pasada semana, en los edificios administrativos de la Xunta de Galicia en Ferrol. La formación, que constó de un total de 5 módulos, permitió a los participantes mejorar destrezas y competencias relativas al voluntariado de carácter intergeneracional, con especial detenimiento en la importancia de la incorporación de la perspectiva de género a este tipo de propuestas formativas.
Dinámica de grupo durante el curso de Voluntariado.

Voluntariado intergeneracional y envejecimiento activo, espacios para la intervención desde el voluntariado intergeneracional, la promoción de la igualdad desde la acción voluntaria intergeneracional, metodologías innovadoras para el voluntariado intergeneracional, buenas prácticas en el voluntariado intergeneracional desde una perspectiva de género, fueron los 5 módulos formativos que se impartieron a lo largo del curso de voluntariado.
                Pizarra de actividad del curso de voluntariado.


Desde ASCM se considera fundamental participar de este tipo de ofertas para mejorar conocimientos y dinámicas en una de las áreas más importantes de la entidad. El voluntariado inclusivo de ASCM está constituido por personas con y sin discapacidad; fomentando un proceder que favorezca la autorrealización y proactividad de las personas participantes. La experiencia ha sido muy enriquecedora para las personas voluntarias que han recibido la formación y les permitirá aplicar los conocimientos adquiridos a la actividad diaria de ASCM.

17.12.19

Personas Voluntarias de la ASCM reciben formación de manos de la Xunta de Galicia


  • Voluntarias y Voluntarios de la ASCM iniciaron ayer un curso formativo para mejorar competencias en formación y voluntariado.
                         Voluntari@s de ASCM durante el curso.

Un grupo de personas voluntarias de la Asociación Sociocultural ASCM iniciaron ayer un curso formativo en competencias de cooperación y voluntariado, con la finalidad de mejorar y refrescar habilidades y destrezas en la materia.

              Voluntari@s de ASCM durante el curso.

El taller, que se prolongará, hasta el viernes, forma parte de la oferta de la Xunta de Galicia, a través de la Dirección Xeral de Xuventude, Participación y Voluntariado. Desde la ASCM se hace un importante esfuerzo en promover las tareas de voluntariado, desde 1987, con un enfoque inclusivo. Casi medio centenar de personas con diferentes capacidades hacen posibles las actividades que ASCM realiza en favor del colectivo de personas con discapacidad. 

17.12.17

A ASCM PARTICIPA EN #EMOTRAXE

ENCONTRO MOSTRA TRANSFRONTERIZA DA XUVENTUDE EMPRENDEDORA

Acreditación e entrega de documentación
Presentado por Rubén Ríos
Onde está o límite? Josef Ajram
Inauguración e apertura oficial 
Posto informativo da ASCM 
 Pausa - Café

 Mocidade en movemento, o valor de tomar a iniciativa
 Competencias clave para superar o reto da inserción laboral e emprendemento
 Pausa - Actuación musical
 Emocións a través da mirada - Sissi
 
 Implicados o 100%. Iniciativas xuvenís con impacto social

Diario de Ferrol

15.4.16

A ASCM NO PROGRAMA VOLUNTARIADO XUVENIL DA XUNTA DE GALICIA

Se queres ser voluntario da ASCM agora é o momento!! O Programa Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia permite incorporar ás entidades de acción voluntaria mozos e mozas de entre 16 e 30 anos para que colaboren na realización de diversas actividades.

A principal novidade deste ano é que as persoas voluntarias que xa colaboraron en anteriores anos, poderán repetir a súa participación.

Non o dubides e faite voluntario!! Na ASCM contamos contigo!!



22.9.14

1ª XORNADA DE VOLUNTARIADO XUVENIL



O martes día 30 de setembro vai celebrarse en Santiago de Compostela a xornada ‘Voluntariado Xuvenil. A sesión servirá para por de relevo a diversidade de proxectos desenvolvidos neste eido e os valores de cooperación, confianza e xenerosidade comúns a todos eles.

A xornada, que será inaugurada polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, está estruturada en dúas sesión de marcado carácter participativo, abertas ao debate das persoas asistentes. Unha primeira ao longo da mañá, na que se analizará a transición do voluntariado xuvenil á ApS, unha metodoloxía sustentada no principio de aprender facendo un servizo á comunidade. 

A traxectoria da ApS, que chega España e a Galicia tras un amplo percorrido en numerosos países, vai ser abordada na ponencia ‘Do voluntariado xuvenil á ApS: a situación en Galicia’, de Alexandre Sotelino Losada, doutor en Ciencias da Educación da USC. Despois, será presentada a ponencia ‘ApS: unha vía para crear humanidade’ por Laura Campo, coordinadora do Centro Promotor de ApS de Cataluña. A sesión da mañá rematará coa ponencia ‘A certificación da Educación non Formal, ENF’ por Mar Lorenzo, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola USC. 

A sesión de tarde, de carácter eminentemente práctico, inclúe dúas mesas redondas. A primeira estará centrada na presentación das experiencias dalgún dos máis de 70 proxectos que cada ano se desenvolven en Galicia no Programa de Voluntariado Xuvenil, coa intervención das propias persoas voluntarias que toman parte neles. E unha segunda mesa redonda para debatir sobre as oportunidades que abre o voluntariado, coa intervención de técnicos de voluntariado.

Aberta á participación
A xornada está aberta á asistencia e participación de todos os axentes implicados no voluntariado xuvenil : concellos, entidades, técnicos, persoas adicadas ao voluntariado xuvenil e todas aquelas persoas interesadas na temática.

Programa Provisional.

Sesión de mañá: ‘Do voluntariado xuvenil á ApS’
10.30 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación.
11.00 h. Inauguración, a cargo do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.
11.15 h. Ponencia: ‘Do voluntariado xuvenil á ApS: a situación en Galicia’, por Alexandre Sotelino, doutor en Ciencias da Educación e membro do grupo de investigación Esculca da USC.
12.00 h. Ponencia: ‘ApS: unha vía para crear humanidade’, por Laura Campo, coordinadora do Centro Promotor de ApS de Cataluña. 
12.45 h. Ponencia: ‘A certificación da Educación non Formal, ENF’, por Mar Lorenzo, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola USC. 
13.30 h. Debate. 
14.00 h. Comida. 

Sesión de tarde: ‘Obras son amores’
16.00 h. Introducción das mesas redondas, polo subdirector xeral de Voluntariado, Alberto Otero.
16.15h. Mesa redonda: ‘Experiencias de voluntariado’, exposición de proxectos do Programa de Voluntariado Xuvenil -Camiño de Santiago, igualdade de xénero, colectivos en situación de risco, recuperación da cultura e das tradicións, medioambiente e actividades xuvenís- presentadas polas persoas voluntarias.
17.15 h. Mesa redonda: ‘As oportunidades que abre o voluntariado’, coa intervención de técnicos de voluntariado.
17.45 h. Debate.
18.00 h. Clausura da xornada.
.

23.12.11

Publicada no DOG a nova lei de acción voluntaria de Galicia

O obxectivo principal desta modificación é facer a Lei máis eficiente, ao mesmo tempo que se adapta ás novas liñas de voluntariado da Unión Europea. A nova lei de acción voluntaria de Galicia entrará en vigor a partir de mañá día 22 de decembro. Entre as novidades que presenta esta nova lei salientamos as seguintes: **Creación do “Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia”, que se constituirá como un “órgano único e público” que se estructura en dúas seccións, por unha banda, a sección de entidades de acción voluntaria, e por outra, a sección de experiencias das persoas voluntarias. Este rexistro asumirá funcións de cualificación, inscrición e certificación. Así mesmo, as entidades deberán estar inscritas neste rexistro para poder recibir subvencións e axudas das administracións públicas da nosa Comunidade. Cómpre salientar que o rexistro funcionará de xeito coordinado co Rexistro de Entidades de Voluntariado de Protección Civil e Emerxencias. **Outra das novidades é a posibilidade de que os voluntarios poidan obter unha certificación oficial da súa participación neste tipo de actividades altruístas. Isto permitirá aos voluntarios e voluntarias galegos acreditar un historial persoal que recoñeza a experiencia adquirida durante todo o proceso de voluntariado. **Ademáis, o Consello Galego de Acción Voluntaria configurarase como o “máximo órgano de participación, coordinación, asesoramento e consulta en materia de acción voluntaria”. Nel estarán representados -ademais da propia Consellería- outros departamentos autonómicos, a FEGAMP, organizacións da Xuventude, as organización empresariais e sindicatos, as universidades galegas e representantes das entidades de acción voluntaria. **A lei crea o Observatorio galego de acción voluntaria, que promoverá a obtención de datos estatísticos demandados polas institucións da UE. Este órgano terá como obxectivo o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á investigación, á formación, así como á creación e ao establecemento de sistemas de información e documentación. Da súa actividade dará conta ao Consello Galego de Acción Voluntaria o cal aprobará a súa planificación anual. O Observatorio tamén dará asesoría técnica ás corporacións locais na realización de plans sectoriais de acción voluntaria e poderá colaborar coas universidades en proxectos de I+D+I e con figuras análogas doutras administracións públicas. Esta ferramenta estará constituída por representantes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, un representante do Instituto Galego de Estatística, un representante de cada unha das tres universidades galegas e dous representantes das entidades de acción voluntaria designados polo Consello Galego de Acción Voluntaria. Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria

16.4.10

CURSO “RECURSOS PRÁCTICOS PARA A EDUCACIÓN AMBIENTAL NO TEMPO DE LECER”

DATAS: 29 e 30 de maio de 2010

HORARIO: posibilidade de chegada o venres a partir das 20:00 h e saída o
domingo ás 19:00 h. O curso dará comezo o sábado 29 ás 9:30 h e rematará
o domingo 30 ás 19:00 h

ASISTENTES DA ASCM: CARLOS DANIEL RODRIGUEZ PALOMEQUE E ANGEL SANTAMARINA RIVERA

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
Serra de San Mamede – Vilar de Barrio, Ourense

CONTIDOS

BLOQUE 1
• Bases metodolóxicas da educación ambiental
• O papel do/a monitor/a de ocio e tempo de lecer
como educador/a ambiental
• Estratexias básicas de comunicación
• Deseño de recursos e materiais
• Modalidades e técnicas de avaliación
BLOQUE 2
• Recursos prácticos para a educación ambiental
• Actividades en equipamentos de Educación Ambiental
Novas visións
• Actividades nun entorno natural. Prevención e protección
no guiado de grupos
• Realización de casos prácticos. Análise e debate

PlanFormación,pag34

VOLUNTARIADO E PARTICIPACIÓN SOCIAL NO ÁMBITO EDUCATIVO

PLAN DE FORMACIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

DESTINATARIOS

Preferentemente persoal técnico e voluntarios das
entidades inscritas no Rexistro de Entidades de
Acción Voluntaria da Xunta de Galicia

MODALIDADE: En liña

Nº HORAS: 20

ASISTENTES DA ASCM: PAULA GÁRATE FORMOSO

LUGAR DE IMPARTICIÓN:

Plataforma de teleformación de voluntariado

DATA DE REALIZACIÓN:
Do 19 de abril ao 21 de maio

CONTIDOS:

Módulo 1. Educación e participación social
Módulo 2. Modelos de educación: educar. Educar
para a transformación e a participación social.
Papel dos movementos sociais: cara unha cultura de vivencia e convivencia.
Módulo 3. A práctica da participación na aula
e no centro.
Módulo 4. Orientacións para traballar coa comunidade educativa.
Módulo 5. Mesa de experiencias.

PlanFormación,pag21

9.4.08

DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA



Estamos hoxe aquí no CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO, despois de colocar onte o stand informativo que a ASCM dispón xunto con outras EAV no Palacio de Congresos.

A ASCM participa na Comunicación de Autonomía Persoal (16.30 a 18.00) que terá lugar na aula 6 no primeiro andar, o reparto de intervencións será o seguinte:

16:30 Presentación da Mesa por parte da Moderadora María Ferreiro, DOWN GALICIA
16:35 Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
16:50 ACOFIFA (Asociación Fibromialxía)
17:05 Fundación Adcor
17:20 Down Vigo
17:35 Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM)

Título da comunicación: Blog ASCM: Voluntariado e discapacidade na rede.
Paula Gárate Formoso (Coordinadora de Voluntariado ASCM)
Contido:
1. O comenzo do Blog.
2. Estructura do Blog.
3. Outros Blogs anexos.
4. Outras ferramentas: O Grupo de Correo.

17:50 Quenda de preguntas



11.2.08

A ASCM ESTARÁ NO CONGRESO DE VOLUNTARIADO 2008



A ASCM presentase cun stand informativo o próximo 10 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza (Santiago de Compostela) o Congreso Galego de Voluntariado 2008. Esta edición presenta importantes novidades xa que ao contrario que os dous anos anteriores, nesta ocasión o congreso non vai ser monográfico, senón que no programa se van incluir conferencias sobre temas relacionados co ámbito da acción voluntaria.

Outra das novidades é que todas as asociacións inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria (REAV) que o desexen poden acudir con stand propio que se colocará nun espacio habilitado para tal fin pola dirección xeral no Pazo de Congresos. Así mesmo, aquelas asociacións que non dispoñan dun gran volume de material promocional para montar un stand, poden enviar previamente a documentación da que dispoñan para expoñer nunha sala común. En tódolos casos, entre o material remitido, pode haber vídeos que se proxectarán nun espacio tamén común.


VoluntariadoGalego, 04-02-2007

1.2.08

A ASCM ACUDE O ENCONTRO DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE



A ASCM foi o pasado día 17 de Xaneiro o encontro convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade na Coruña. Dito encontro tivo lugar nas catro provincias galegas para informar aos concellos e ás entidades de acción voluntaria da nova orde de subvencións para 2008; presentar todo o traballo feito polo departamento durante o ano pasado; avaliar do funcionamento do portal voluntariadogalego.org nos seus primeiros oito meses activo. Tamén se aproveitou esta xuntanza para facer novas propostas para o III Congreso Galego de Voluntariado.