23.12.11
Publicada no DOG a nova lei de acción voluntaria de Galicia
O obxectivo principal desta modificación é facer a Lei máis eficiente, ao mesmo tempo que se adapta ás novas liñas de voluntariado da Unión Europea.
A nova lei de acción voluntaria de Galicia entrará en vigor a partir de mañá día 22 de decembro.
Entre as novidades que presenta esta nova lei salientamos as seguintes:
**Creación do “Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia”, que se constituirá como un “órgano único e público” que se estructura en dúas seccións, por unha banda, a sección de entidades de acción voluntaria, e por outra, a sección de experiencias das persoas voluntarias. Este rexistro asumirá funcións de cualificación, inscrición e certificación. Así mesmo, as entidades deberán estar inscritas neste rexistro para poder recibir subvencións e axudas das administracións públicas da nosa Comunidade.
Cómpre salientar que o rexistro funcionará de xeito coordinado co Rexistro de Entidades de Voluntariado de Protección Civil e Emerxencias.
**Outra das novidades é a posibilidade de que os voluntarios poidan obter unha certificación oficial da súa participación neste tipo de actividades altruístas. Isto permitirá aos voluntarios e voluntarias galegos acreditar un historial persoal que recoñeza a experiencia adquirida durante todo o proceso de voluntariado.
**Ademáis, o Consello Galego de Acción Voluntaria configurarase como o “máximo órgano de participación, coordinación, asesoramento e consulta en materia de acción voluntaria”. Nel estarán representados -ademais da propia Consellería- outros departamentos autonómicos, a FEGAMP, organizacións da Xuventude, as organización empresariais e sindicatos, as universidades galegas e representantes das entidades de acción voluntaria.
**A lei crea o Observatorio galego de acción voluntaria, que promoverá a obtención de datos estatísticos demandados polas institucións da UE. Este órgano terá como obxectivo o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á investigación, á formación, así como á creación e ao establecemento de sistemas de información e documentación. Da súa actividade dará conta ao Consello Galego de Acción Voluntaria o cal aprobará a súa planificación anual.
O Observatorio tamén dará asesoría técnica ás corporacións locais na realización de plans sectoriais de acción voluntaria e poderá colaborar coas universidades en proxectos de I+D+I e con figuras análogas doutras administracións públicas. Esta ferramenta estará constituída por representantes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, un representante do Instituto Galego de Estatística, un representante de cada unha das tres universidades galegas e dous representantes das entidades de acción voluntaria designados polo Consello Galego de Acción Voluntaria.
Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario