Mostrando entradas con la etiqueta VoluntariadoGalego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VoluntariadoGalego. Mostrar todas las entradas

23.12.11

Publicada no DOG a nova lei de acción voluntaria de Galicia

O obxectivo principal desta modificación é facer a Lei máis eficiente, ao mesmo tempo que se adapta ás novas liñas de voluntariado da Unión Europea. A nova lei de acción voluntaria de Galicia entrará en vigor a partir de mañá día 22 de decembro. Entre as novidades que presenta esta nova lei salientamos as seguintes: **Creación do “Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia”, que se constituirá como un “órgano único e público” que se estructura en dúas seccións, por unha banda, a sección de entidades de acción voluntaria, e por outra, a sección de experiencias das persoas voluntarias. Este rexistro asumirá funcións de cualificación, inscrición e certificación. Así mesmo, as entidades deberán estar inscritas neste rexistro para poder recibir subvencións e axudas das administracións públicas da nosa Comunidade. Cómpre salientar que o rexistro funcionará de xeito coordinado co Rexistro de Entidades de Voluntariado de Protección Civil e Emerxencias. **Outra das novidades é a posibilidade de que os voluntarios poidan obter unha certificación oficial da súa participación neste tipo de actividades altruístas. Isto permitirá aos voluntarios e voluntarias galegos acreditar un historial persoal que recoñeza a experiencia adquirida durante todo o proceso de voluntariado. **Ademáis, o Consello Galego de Acción Voluntaria configurarase como o “máximo órgano de participación, coordinación, asesoramento e consulta en materia de acción voluntaria”. Nel estarán representados -ademais da propia Consellería- outros departamentos autonómicos, a FEGAMP, organizacións da Xuventude, as organización empresariais e sindicatos, as universidades galegas e representantes das entidades de acción voluntaria. **A lei crea o Observatorio galego de acción voluntaria, que promoverá a obtención de datos estatísticos demandados polas institucións da UE. Este órgano terá como obxectivo o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á investigación, á formación, así como á creación e ao establecemento de sistemas de información e documentación. Da súa actividade dará conta ao Consello Galego de Acción Voluntaria o cal aprobará a súa planificación anual. O Observatorio tamén dará asesoría técnica ás corporacións locais na realización de plans sectoriais de acción voluntaria e poderá colaborar coas universidades en proxectos de I+D+I e con figuras análogas doutras administracións públicas. Esta ferramenta estará constituída por representantes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, un representante do Instituto Galego de Estatística, un representante de cada unha das tres universidades galegas e dous representantes das entidades de acción voluntaria designados polo Consello Galego de Acción Voluntaria. Lei 10/2011, do 28 de novembro, de acción voluntaria

4.8.11

Trailer da Solidaridade

O tráiler da Solidariedade xa está en Ferrol.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato visitará xunto co alcalde de Ferrol,José Manuel Rey Varela, o Tráiler da Solidariedade.
Todas aquelas entidades e concellos da comarca están convidados a asistir o acto que se celebrará mañán,venres 5 de agosto, ás 13:30 h na Praza de España, diante do Tráiler

3.5.11

Foros de Voluntariado 2011

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten posto en marcha a elaboración do III Plan Galego de Acción Voluntaria, que enmarque e oriente o desenvolvemento do voluntariado en Galicia para o período 2011-2014 e comprometa aos distintos axentes implicados no seu desenvolvemento.
A sistemática escollida establece que o equipo de redacción presentará nun primeiro momento o Documento de Bases do Plan e nun segundo momento o Documento Borrador do Plan, aos que se poderán realizar achegas desde os axentes implicados na Acción Voluntaria.

A contribución directa das persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria será recollida a través dos Foros de Voluntariado que agora presentamos e nos que animamos a participar a todas as persoas que estades presentes no día a día co voso traballo voluntario.

Establecemos a realización de 2 Foros, coa seguinte dinámica:

Primeiro Foro: coa intención de recoller achegas para o Documento de Bases do Plan das persoas voluntarias e persoas implicadas na acción voluntaria.
Segundo Foro: para analizar o Documento Borrador do Plan que presentará a Consellería de Traballo e Benestar e realizar consideracións e achegas ao mesmo.

Destinatarios
+Persoas voluntarias
+Coordinadoras de voluntariado de entidades de acción voluntaria
+Directivos de entidades de acción voluntaria de iniciativa social
+Responsables e técnicos de voluntariado de entidades locais: deputacións e concellos
+Sindicatos e asociacións de empresarios
+Universidades

Datas e lugares
Primeiro Foro
6 de maio de 2011
Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo, A Coruña

Segundo Foro
15 de setembro de 2011.
Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo, A Coruña.

Metodoloxía
Trátase de crear e dinamizar foros de participación que se desenvolverán en dinámica distendida e aberta, buscando as maiores posibilidades de contribución de todas as persoas participantes.

Para levar adiante esta iniciativa, propoñeremos unha dinámica que posibilita a xeración de redes informais de conversa e aprendizaxe social, o World Café.

A conversa do World Café é unha forma intencional de crear unha rede viva en torno a asuntos que importan, un proceso creativo que leva a un diálogo colaborativo, onde se comparte o coñecemento e a creación de posibilidades para a acción en grupos de todos os tamaños.

Trátase de un escenario de posibilidades e un conxunto de ferramentas e métodos para desenvolver intelixencia colectiva e futuros creativos. Neste proceso xéranse ideas, propostas, acordos e plans de acción creativos e innovadores, nun clima agradable e acolledor similar ao que atopamos nunha conversa informal de café.

A participación neste tipo de dinámica supón unha inscrición previa para posibilitar o traballo dos facilitadores, á que queremos animarvos desde este momento.

Para saber máis sobre o World café, preme na descarga asociada.

Programa das Xornadas

Primeiro Foro: 6 Maio
10.00 Presentación da Xornada e da dinámica World Café
10.30 Primeira quenda de participación e achegas
12.00 Descanso - Café
12.30 Segunda quenda de participación e achegas
14.00 Fin da Xornada

As conclusións do Foro presentaranse en www.voluntariadogalego.org o luns 09-05-2011.

Inscricións a partir da tarde do 25 de abril de 2011 a través da páxina web www.voluntariadogalego.org ou no Teléfono Solidario 900 400 800.

19.4.09

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO ESTRATESIAS DE CAPTACIÓN DE FONDOS EN ONL (SANTIAGO)


A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén de abrir o prazo de inscrición noutro curso de formación do voluntariado que se impartirá o vindeiro mes de maio. Trátase de Estratexias de captación de fondos en ONL, que terá lugar en Santiago os días 15 e 16. O prazo de inscrición estará aberto ata o venres, 8 de maio ás 14.30 horas.

En próximos días comunicarase a apertura da inscrición no resto das accións formativas programadas para o mes de maio no Programa de Formación do Voluntariado 2009.