A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ten posto en marcha a elaboración do III Plan Galego de Acción Voluntaria, que enmarque e oriente o desenvolvemento do voluntariado en Galicia para o período 2011-2014 e comprometa aos distintos axentes implicados no seu desenvolvemento.
A sistemática escollida establece que o equipo de redacción presentará nun primeiro momento o Documento de Bases do Plan e nun segundo momento o Documento Borrador do Plan, aos que se poderán realizar achegas desde os axentes implicados na Acción Voluntaria.
A contribución directa das persoas voluntarias e das entidades de acción voluntaria será recollida a través dos Foros de Voluntariado que agora presentamos e nos que animamos a participar a todas as persoas que estades presentes no día a día co voso traballo voluntario.
Establecemos a realización de 2 Foros, coa seguinte dinámica:
Primeiro Foro: coa intención de recoller achegas para o Documento de Bases do Plan das persoas voluntarias e persoas implicadas na acción voluntaria.
Segundo Foro: para analizar o Documento Borrador do Plan que presentará a Consellería de Traballo e Benestar e realizar consideracións e achegas ao mesmo.
Destinatarios
+Persoas voluntarias
+Coordinadoras de voluntariado de entidades de acción voluntaria
+Directivos de entidades de acción voluntaria de iniciativa social
+Responsables e técnicos de voluntariado de entidades locais: deputacións e concellos
+Sindicatos e asociacións de empresarios
+Universidades
Datas e lugares
Primeiro Foro
6 de maio de 2011
Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo, A Coruña
Segundo Foro
15 de setembro de 2011.
Albergue Xuvenil de Gandarío. Bergondo, A Coruña.
Metodoloxía
Trátase de crear e dinamizar foros de participación que se desenvolverán en dinámica distendida e aberta, buscando as maiores posibilidades de contribución de todas as persoas participantes.
Para levar adiante esta iniciativa, propoñeremos unha dinámica que posibilita a xeración de redes informais de conversa e aprendizaxe social, o World Café.
A conversa do World Café é unha forma intencional de crear unha rede viva en torno a asuntos que importan, un proceso creativo que leva a un diálogo colaborativo, onde se comparte o coñecemento e a creación de posibilidades para a acción en grupos de todos os tamaños.
Trátase de un escenario de posibilidades e un conxunto de ferramentas e métodos para desenvolver intelixencia colectiva e futuros creativos. Neste proceso xéranse ideas, propostas, acordos e plans de acción creativos e innovadores, nun clima agradable e acolledor similar ao que atopamos nunha conversa informal de café.
A participación neste tipo de dinámica supón unha inscrición previa para posibilitar o traballo dos facilitadores, á que queremos animarvos desde este momento.
Para saber máis sobre o World café, preme na descarga asociada.
Programa das Xornadas
Primeiro Foro: 6 Maio
10.00 Presentación da Xornada e da dinámica World Café
10.30 Primeira quenda de participación e achegas
12.00 Descanso - Café
12.30 Segunda quenda de participación e achegas
14.00 Fin da Xornada
As conclusións do Foro presentaranse en www.voluntariadogalego.org o luns 09-05-2011.
Inscricións a partir da tarde do 25 de abril de 2011 a través da páxina web www.voluntariadogalego.org ou no Teléfono Solidario 900 400 800.
No hay comentarios:
Publicar un comentario