11.2.08
A ASCM ESTARÁ NO CONGRESO DE VOLUNTARIADO 2008
A ASCM presentase cun stand informativo o próximo 10 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza (Santiago de Compostela) o Congreso Galego de Voluntariado 2008. Esta edición presenta importantes novidades xa que ao contrario que os dous anos anteriores, nesta ocasión o congreso non vai ser monográfico, senón que no programa se van incluir conferencias sobre temas relacionados co ámbito da acción voluntaria.
Outra das novidades é que todas as asociacións inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria (REAV) que o desexen poden acudir con stand propio que se colocará nun espacio habilitado para tal fin pola dirección xeral no Pazo de Congresos. Así mesmo, aquelas asociacións que non dispoñan dun gran volume de material promocional para montar un stand, poden enviar previamente a documentación da que dispoñan para expoñer nunha sala común. En tódolos casos, entre o material remitido, pode haber vídeos que se proxectarán nun espacio tamén común.
VoluntariadoGalego, 04-02-2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario