7.7.07

NOVA DELEGACIÓN ASCM CEDEIRA

A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS (ASCM) ABRE UNHA DELEGACIÓN EN CEDEIRA

A delegada da ASCM en Cedeira da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), Dna. Raquel Pardo, mantivo unha reunión o pasado mércores día 4 de xullo co Sr. Alcalde do Concello de Cedeira, D. José Luís Vargara, e con D. Xermán Tobío, Concelleiro de Cultura, Deporte e Xuventude, para tratar o tema da apertura dunha delegación da ASCM na vila de Cedeira.

En devandita reunión os representantes da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) solicitaron do concello de Cedeira un local para levar a cabo diversas actividades con persoas discapacitadas así como para posibilitar a existencia dun punto de información e orientación.

O mencionado local foi concedido á ASCM e sitúase na 3ª planta do Auditorio Municipal da vila de Cedeira.

Así mesmo, desde a alcaldía comprometéronse a colaborar coa ASCM nos temas de eliminación de barreiras arquitectónicas a pé de rúa, posibilitar a adaptación nas instalacións da piscina municipal (vestiarios, duchas, guindastre) e solicitar un monitor específico para a atención das persoas con discapacidade)

O concello colaborará tamén coa ASCM facilitando instalacións para o desenvolvemento dalgunha actividade deportiva concreta que leven a cabo acodes con discapacidade.

A Delegación da ASCM en Cedeira está composta polos seguintes representantes:

• Dna. Raquel Pardo
• D. Juan Carlos García
• D. Antonio Rodríguez
• D. Miguel Ángel
• Dna. Emilia Durán
• D. Diego Brocos
• D. Juan Nebril

No hay comentarios: