7.7.07

ANTEPROXECTO DE LEI DE ACCIÓN VOLUNTARIA A DEBATE

O Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria xa dispoñible na nosa web.

Para elaboración da nova Lei de Acción Voluntaria de Galicia seguiuse unha metodoloxía participativa toda vez que é o froito dun proceso de debate e participación pública, iniciada cun documento previo de bases para a reforma que foi obxecto de exame e discusión en diferente foros de expertos así como no Congreso Galego de Voluntariado organizado a tal fin.

As conclusións arroxadas como consecuencia deste Congreso Galego de Voluntariado serviron para enriquecer o contido do Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria.


Podes deixar as túas achegas e suxestións ao Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria a través do formulario de suxestións habilitado na nosa web.

O prazo de recepción estará aberto ata o 11 de xullo.

1 comentario:

Área de accesibilidad de la ASCM dijo...

Estos son os datos da suxestión enviada a Xunta o día 5 de Xullo:

- Plan ou Programa: Anteproxecto de Lei de Acción Voluntaria
- Poboación: Ferrol
- Provincia: A CORUÑA
- Suxestión realizada: En representación de entidade pública ou privada
- Nome da Entidade: Asociación Socio Cultural de Minusválidos \"ASCM\"
- Suxestión:
A nosa entidade sigue a pensar, en contra da opinión xeral que se fixo no Congreso de Voluntariado desde ano, a importancia de ter un carnet de voluntariado que esté avalado pola Xunta de Galicia, para que as EAV que cumprimos coa normativa legal para contar co respaldo da administración.
Tampoco estamos dacordo coa composición do Consello Galego de Voluntariado, en canto a representación nula que temos as EAV e a participación como membros dos sindicatos neste organismo por non ser representantes nen das persoas voluntarias nen das entidades.
Atentamente,
ASCM