25.4.08
16.4.08
ÁLVARO ILLOBRE
13.4.08
10.4.08
O AUDITORIO DE NARÓN ACOLLE AS XORNADAS SOBRE A LEY DE DEPENDENCIA
O auditorio municipal de Narón acolleu a primeira edición das “Xornadas sobre a Lei de Dependencia”, organizadas conxuntamente po-la Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) é Afaes-Porta Nova.
Despois da inauguración coa presencia da Primeira Tenente de Alcalde do Concello de Narón, Dna. Ángeles Díaz e os presidentes de AFAES Porta Nova e a Asociación Socio Cultural de Minusválidos ASCM.
A primeira ponencia foi a cargo de D. Jesús Norberto Fernández Muñoz,da Subdirección Xeral de Planificación, Ordenación e Evaluación do IMSERSO.
Tras a pausa para o café, fixose un coloquio entre os asistentes o non poder asistir a coordinadora da Unidade de Coordinación da Lei da Dependencia da Secretaría Xeral do Benestar, Montserrat García.
A primeira hora da tarde ó persoal da asociación Afaes-Porta Nova moderou a ponencia de D. José Ramón Girón García. Presidente de FEAFES Galicia para continuar coa ponencia de D. Óscar Moral, asesor xurídico de Coamificoa e do Cermi Estatal.
Na clausura das sesións estiveron presentes os concelleiros de Servicios Sociais D. Miguel Hermida e a Concelleira de Igualdade Dna. Mª Carmen Espada.
Os asistentes fíxose entrega dun diploma.
9.4.08
DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Estamos hoxe aquí no CONGRESO GALEGO DE VOLUNTARIADO, despois de colocar onte o stand informativo que a ASCM dispón xunto con outras EAV no Palacio de Congresos.
A ASCM participa na Comunicación de Autonomía Persoal (16.30 a 18.00) que terá lugar na aula 6 no primeiro andar, o reparto de intervencións será o seguinte:
16:30 Presentación da Mesa por parte da Moderadora María Ferreiro, DOWN GALICIA
16:35 Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)
16:50 ACOFIFA (Asociación Fibromialxía)
17:05 Fundación Adcor
17:20 Down Vigo
17:35 Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM)
Título da comunicación: Blog ASCM: Voluntariado e discapacidade na rede.
Paula Gárate Formoso (Coordinadora de Voluntariado ASCM)
Contido:
1. O comenzo do Blog.
2. Estructura do Blog.
3. Outros Blogs anexos.
4. Outras ferramentas: O Grupo de Correo.
17:50 Quenda de preguntas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)