26.2.08

XORNADA SOBRE A MULLER TRABALLADORA

5 DE MARZO
Coordinadora dos Minusválidos Físicos de Canarias.
Concentración é lectura do Manifesto.

8 DE MARZO
Xornadas Centro Cívico de Caranza (Ferrol).
Coordinadora dos Minusválidos Físicos de Navarra.
Lectura do Manifesto.

13 DE MARZO
Coordinadora dos Minusválidos Físicos da C.A.M.
Vídeo-forum "O bebé de Alison".

MANUEL MARTÍNEZ PERCEDO


Manuel Martínez Percedo, voluntario da ASCM, participou no curso de árbitros de ámbito Nacional os días 23 é 24 de Febreiro do 2008 en Getafe (Madrid) o cumplir cos seguintes requisitos: Poseer a licencia de árbitro autonómico, levar practicando o arbitraxe como mínimo as duas últimas temporadas (2005-2006, 2006-2007) e ter un mínimo de 25 partidos arbitrados;

15.2.08

CADEA DE FAVORES



A Asociación Socio-Cultural de Minusválidos colaborou na Cadea de Favores ca entrega deste Bastón como símbolo de apoio.
Se fixo entrega na concejalia de Benestar Social, Xuventud e Solidaridade na Rúa Real 194 o Xoves 14 de Febreiro.

11.2.08

A ASCM ESTARÁ NO CONGRESO DE VOLUNTARIADO 2008



A ASCM presentase cun stand informativo o próximo 10 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Galiza (Santiago de Compostela) o Congreso Galego de Voluntariado 2008. Esta edición presenta importantes novidades xa que ao contrario que os dous anos anteriores, nesta ocasión o congreso non vai ser monográfico, senón que no programa se van incluir conferencias sobre temas relacionados co ámbito da acción voluntaria.

Outra das novidades é que todas as asociacións inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria (REAV) que o desexen poden acudir con stand propio que se colocará nun espacio habilitado para tal fin pola dirección xeral no Pazo de Congresos. Así mesmo, aquelas asociacións que non dispoñan dun gran volume de material promocional para montar un stand, poden enviar previamente a documentación da que dispoñan para expoñer nunha sala común. En tódolos casos, entre o material remitido, pode haber vídeos que se proxectarán nun espacio tamén común.


VoluntariadoGalego, 04-02-2007

1.2.08

ANTROIDO ASCM

A ASCM COLABORA NA CADEA DE FAVORES DO CONCELLO DE FERROL

A Asociación Socio Cutural de Minusválidos vai apoiar o proxecto "Ti a levas", para o que será o Comedor do Desenvolvemento, da ONGD implicadas no desenvolvemento



Na presenetación que tivo lugar a pasado sábado 2 de Febreiro no Salón de Plenos do Concello de Ferrol, o reporteiro, Gonzo, de Caiga Quien Caiga, que conduciu o acto e nos contou como desenvolven a Cadea de Favores que organizan no seu programa. Gonzo fixo entrega do primer agasallo (o microfono de CQC) o Racing de Ferrol quen entregou un balón de futbol.

A cadea irá avanzando en intercambios ao longo de seis meses. O Día Internacional da Solidariedade, é dicir, o 31 de agosto, faráse pública a cantidade económica conseguida.

Concello de Ferrol

A ASCM ACUDE O ENCONTRO DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E SOLIDARIEDADE



A ASCM foi o pasado día 17 de Xaneiro o encontro convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade na Coruña. Dito encontro tivo lugar nas catro provincias galegas para informar aos concellos e ás entidades de acción voluntaria da nova orde de subvencións para 2008; presentar todo o traballo feito polo departamento durante o ano pasado; avaliar do funcionamento do portal voluntariadogalego.org nos seus primeiros oito meses activo. Tamén se aproveitou esta xuntanza para facer novas propostas para o III Congreso Galego de Voluntariado.

FERROL ACOLLE A PRIMEIRA XORNADA DA LIGA GALEGA DE BOCCIA


O Clube ADM Ferrol, coa colaboración da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) organizou o pasado 19 de xaneiro a 1ª xornada da Liga Galega de Boccia no Recinto Ferial de Punta Arnela (FIMO- Ferrol).

Nesta Xornada participaron cinco clubes (VSB, ASPACE, AIXIÑA, APAMP E ADM; 40-50 xogadores/as; 10-12 árbitros; 25-30 voluntarios/as e 20-25 auxiliares.

Máis dunha centea de persoas implicadas nesta actividade, entre xogadores/as, auxiliares, árbitros e voluntarios/as.

A Liga Galega 2007-2008 continuará con tres xornadas máis que se celebrarán na Coruña, Ourense e Vigo nas seguintes datas:
• 16 de febreiro na Coruña
• 8 de marzal en Vigo
• 5 de abril en Ourense

CURSO DE GLOBOFLEXIA PARA OS VOLUNTARIOS DA ASCM

O mércores día 30 de Xaneiro, tivo lugar no local de Ferrol da Asociación Sociocultural de Minusválidos, un cursiño intensivo de globoflexia impartido por persoal especializado da ludoteca "La guaga".
Con este tipo de iniciativas, preténdese completa-la formación do grupo de voluntariado no eido da animación e o tempo libre para acadar un maior grao de cualificación de cara a traballar na plena integración das persoas discapacitadas.