O martes día 30 de setembro vai celebrarse en Santiago de Compostela a xornada ‘Voluntariado Xuvenil. A sesión servirá para por de relevo a diversidade de proxectos desenvolvidos neste eido e os valores de cooperación, confianza e xenerosidade comúns a todos eles.
A xornada, que será inaugurada polo director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, está estruturada en dúas sesión de marcado carácter participativo, abertas ao debate das persoas asistentes. Unha primeira ao longo da mañá, na que se analizará a transición do voluntariado xuvenil á ApS, unha metodoloxía sustentada no principio de aprender facendo un servizo á comunidade.
A traxectoria da ApS, que chega España e a Galicia tras un amplo percorrido en numerosos países, vai ser abordada na ponencia ‘Do voluntariado xuvenil á ApS: a situación en Galicia’, de Alexandre Sotelino Losada, doutor en Ciencias da Educación da USC. Despois, será presentada a ponencia ‘ApS: unha vía para crear humanidade’ por Laura Campo, coordinadora do Centro Promotor de ApS de Cataluña. A sesión da mañá rematará coa ponencia ‘A certificación da Educación non Formal, ENF’ por Mar Lorenzo, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola USC.
A sesión de tarde, de carácter eminentemente práctico, inclúe dúas mesas redondas. A primeira estará centrada na presentación das experiencias dalgún dos máis de 70 proxectos que cada ano se desenvolven en Galicia no Programa de Voluntariado Xuvenil, coa intervención das propias persoas voluntarias que toman parte neles. E unha segunda mesa redonda para debatir sobre as oportunidades que abre o voluntariado, coa intervención de técnicos de voluntariado.
Aberta á participación
A xornada está aberta á asistencia e participación de todos os axentes implicados no voluntariado xuvenil : concellos, entidades, técnicos, persoas adicadas ao voluntariado xuvenil e todas aquelas persoas interesadas na temática.
Programa Provisional.
Sesión de mañá: ‘Do voluntariado xuvenil á ApS’
10.30 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación.
11.00 h. Inauguración, a cargo do director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.
11.15 h. Ponencia: ‘Do voluntariado xuvenil á ApS: a situación en Galicia’, por Alexandre Sotelino, doutor en Ciencias da Educación e membro do grupo de investigación Esculca da USC.
12.00 h. Ponencia: ‘ApS: unha vía para crear humanidade’, por Laura Campo, coordinadora do Centro Promotor de ApS de Cataluña.
12.45 h. Ponencia: ‘A certificación da Educación non Formal, ENF’, por Mar Lorenzo, doutora en Filosofía e Ciencias da Educación pola USC.
13.30 h. Debate.
14.00 h. Comida.
Sesión de tarde: ‘Obras son amores’
16.00 h. Introducción das mesas redondas, polo subdirector xeral de Voluntariado, Alberto Otero.
16.15h. Mesa redonda: ‘Experiencias de voluntariado’, exposición de proxectos do Programa de Voluntariado Xuvenil -Camiño de Santiago, igualdade de xénero, colectivos en situación de risco, recuperación da cultura e das tradicións, medioambiente e actividades xuvenís- presentadas polas persoas voluntarias.
17.15 h. Mesa redonda: ‘As oportunidades que abre o voluntariado’, coa intervención de técnicos de voluntariado.
17.45 h. Debate.
18.00 h. Clausura da xornada.
.