18.11.07

III RASTRILLO SOLIDARIO

Unha vez máis e co obxetivo de rematar o material sobrante dos anteriores Rastrillos estaremos a partires do día 19 de novembro na Rúa Manuel Belando en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.

Recordamos que esta iniciativa é para recaudar fondos para poder adquirir unha furgoneta adaptada para as persoas con discapacidade.

Non esperes máis e aproveita esta ocasión... estamos de liquidación!!!!

1.11.07

ELECCIÓN VOLUNTARIO DO ANO 2007 DA ASCM

Como xa se viña facendo cada ano nomeámos entre os voluntarios e polos voluntarios da ASCM, coincidindo co día internacional do voluntariado (5 de decembro).

Dende o blog podes votar o voluntario que creas debe obter este recoñecemento polo seu traballo durante este ano 2007.

Como podedes comprobar que só aparecen 15 voluntarios na enquisa, a pesares de ser máis, estos son as que durante este 2007 máis participaron...

Esperamos que esta nova forma de votación facilite que todos podamos dar a nosa opinión que logo será confirmada en función dos resultados obtidos polos voluntarios na próxima reunión do día 29 de Novembro.