18.9.09

ACTIVIDADES PROGRAMADAS DA ASCM

Con motivo do inicio de actividades na ASCM, tras o período vacacional, enviámoslle a relación de cursos e actividades programadas que levarán a cabo nos locais da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Narón e de Ferrol.
Así mesmo pomos no seu coñecemento que, proximamente, a ASCM porá en funcionamento un servizo gratuíto para os seus socios/as co fin de enviarlles información a través de mensaxes SMS aos seus teléfonos móbiles de todas aquelas actividades que a ASCM programe e realice; por iso rogámoslle que nos facilite o seu número de teléfono móbil e así poder facerlle chegar máis rápida e puntualmente toda esta información que pode ser do seu interese. De igual forma poderán recibir información a través do seu correo electrónico, comunicándonos a súa aceptación expresa con antelación.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

1. TALLER DE TEATRO ASCM: Inicio o 28 de setembro de 2009. Impartirase todos os luns de 17:00 a 19:00 h, nos locais da ASCM en NARÓN.
2. TALLER DE LABORES (palillos, calceta, punto de cruz, etc.): Inicio o 1 de outubro de 2009. Todos os xoves de 17:00 a 19:00 h., nos locais da ASCM en NARÓN.
3. RALLYE SOCIAL ASCM: Segue aberto o prazo de inscrición (até o 25 de setembro) para participar no Rallye social que organiza a ASCM e que se celebrará os días 3 e 4 de outubro de 2009. A cota de inscrición é de 60 ? por persoa, na que se inclúe a inscrición, aloxamento e pensión completa nun hotel de Vilalba.
4. ACTOS CONMEMORATIVOS DÍA DA DISCAPACIDADE E DO VOLUNTARIADO: O venres 4 de Decembro realizaremos diferentes actividades entre as que cabe destacar:
- Charla informativa sobre vantaxes fiscais para persoas con discapacidade (a celebrar no Auditorio Municipal de Narón ? Praza de Galicia s/n-) que será impartida por persoal técnico da Fundación Barclays. en horario de 16:00 a 17:30 h.
- A continuación desta charla terá lugar a actuación do Grupo de Teatro ASCM, cun monólogo e unha representación teatral
5. CAMPIONATO DE TUTE ASCM: Ábrese o prazo de inscrición para participar nun Campionato de Tute que organiza a ASCM. As parellas que resulten campioa e subcampioa (que cumpran os requisitos) participarán á súa vez representando á ASCM no Campionato Municipal de Tute do Concello de Narón.
6. TALLER DE PINTURA EN TEA: Inicio o 7 de outubro de 2009. Impartirase todos os mércores de 17:00 a 19:00 h. nos locais da ASCM en NARÓN.
7. TALLER DE DECORACIÓN FLORAL DO NADAL: Inicio o 6 de novembro de 2009. Impartirase todos os venres (até o 27 de novembro), de 17:00 a 19:00 h. nos locais da ASCM en Narón.
8. CURSO DE NATACIÓN: Aberto o período de inscrición, inicio de actividade no mes de outubro
9. ACTIVIDADES DO PROGRAMA "CONSANAR" (CONCELLO DE NARÓN) que se impartirán en ASCM Narón:
"COCIÑA SAUDABLE".- Días:
16 e 30 de setembro de 2009, de 11:00 a 13:00 h.
14 e 20 de outubro de 2009, de 11:00 a 13:00 h.
11 e 25 de novembro de 2009, de 11:00 a 13:00 h.
9 de decembro de 2009, de 11:00 a 13:00 h.
"ACTIVACIÓN SAUDABLE".- Inicio o 15 de setembro, impartirase todos os martes e xoves de 11:00 a 12:00 h. en instalacións de S. José Obreiro
10. CURSOS FIP: Iniciaranse a principios de outubro nos locais da ASCM en FERROL
"CURSO DE COMERCIAL DE SEGUROS": constará de 550 h. lectivas (en horario de 15:30 a 22:00 h.) e requírese título de bacharel ou FP1 e ser demandante de emprego
"CURSO DE MONITOR/A SOCIOCULTURAL": constará de 300 h. lectivas (en horario de 8:00 a 14:00 h.) e requírese título de graduado escolar e ser demandante de emprego
11. XORNADAS SOBRE "ACCESIBILIDADE UNIVERSAL" organizadas pola ASCM que se celebrarán en Ferrol, o venres 20 de novembro de 2009, en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30 h., no salón de actos do Edificio Adminsitrativo da Xunta de Galicia sito en Praza Camilo José Cela, s/n. Ferrol.
12. PROGRAMA "APRENDENDO" para adultos: Inicio o día 2 de outubro de 2009. Impartirase todos os luns e venres en horario de 11:00 a 13:30 h. nos locais da ASCM Narón.
13. CURSOS DE INFORMÁTICA: Aberto o prazo de inscrición para persoas interesadas en realizar cursos de informática na ASCM
14. CURSO DE ÁRBITROS DE BOCCIA: Os días 10 e 11 de outubro, (sábado de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. // domingo de 10:00 a 14:00 h.) impartirase nos locais da ASCM Narón cun total de 12 horas lectivas.
15. CEA DE CONFRATERNIDADE ASCM: Aberto prazo para inscrición. Terá lugar o día 14 de novembro de 2009, ás 21:30 h. en Restaurante Becerra, sito en Forxas nº 18, San Xiao ? Narón
16. LOTARÍA DE NADAL Proximamente porase á venda nos locais da ASCM. co número: 06723
17. NOVIDADES:
- Información sobre as AXUDAS de 425 para persoas titulares de pensión de xubilación e invalidez da Seguridade Social, na súa modalidade non contributiva, que residan nunha vivenda alugada
SINTONIZADOR DE TDT GRATUÍTO para colectivos en risco de exclusión ç
BONO SOCIAL FENOSA os consumidores domésticos que cumpren os requisitos poden beneficiarse das vantaxes aplicadas sobre o prezo de consumo de electricidade


* As actividades poderán sufrir variacións que comunicaremos con antelación ás persoas interesadas
Para máis información:

ASCM - NARÓN, Estrada de Castela, nº 256 ? Baixo. NARÓN.
Teléfono: 981 38 53 66
ASCM ? FERROL, C/ Fernando VIN, bl. 2, baixos 18-19. FERROL.
Teléfono: 981 35 14 30