27.11.13

A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” FARÁ ENTREGA DO PREMIO “CARRO DE PLATA” NA CEA ANUAL DO 30 DE NOVEMBRO

NOTA DE PRENSA: ASCM  26 de Novembro de 2013


A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” FARÁ ENTREGA DO PREMIO “CARRO DE PLATA” NA CEA ANUAL DO 30 DE NOVEMBRO


A ASCM celebrará a “VIII EDICIÓN PREMIO CARRO DE PRATA” nunha cea que terá lugar no Hotel Husa Odeón (Narón) o sábado 30 de novembro onde se dará a coñecer a persoa ou entidade que recibirá este premio honorífico


O premio “Carro de Prata”, cunha periodicidade bienal, foi instaurado pola ASCM no ano 1997 co obxectivo de recoñecer e galardoar públicamente, dun xeito honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polas súas accións a prol do colectivo de discapacitados/as dentro do marco da nosa comarca de ferrolterra, tanto no campo da accesibilidade como no ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral, ou no eido da investigación, etc.

Nesta VIII edición do premio “Carro de Plata”, os nominados ao premio son: Fundación ONCE, D. Diego Calvo Pouso  e D. Carlos Díaz Arnau.

A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” quere resaltar públicamente os méritos dos tres nominados ao “PREMIO CARRO DE PLATA” pola súa importante labor e implicación en beneficio das persoas con algún tipo de discapacidade e pola inestimable colaboración con entidades como a ASCM que traballa día a día dende fai moitos anos polas persoas e coas persoas discapacitadas.

Asimesmo e nesa mesma velada a ASCM outorgará a distinción “Voluntario/a del Año” á persoa voluntaria da entidade, e previamente elexida polo Equipo de Voluntariado da ASCM, merecedora dun recoñecemento público pola súa labor solidaria e o seu traballo voluntario durante este ano, nesta ocasión a distinción de Voluntario/a do Ano recae na persoa de Dna. Herminia Castro Brea (Yeyé)

Máis información:
ASCM Ferrol: Tf.- 981351430
ASCM Narón: Tf.- 981385366


14.11.13

PAPANU EN CONCIERTO - 11 DE ENERO (NARÓN)

Con las aventuras de PAPANÚ, los más pequeños de la casa podrán descubrir y aprender a disfrutar de ella aprendiendo valores educativos como recoger y ordenar, cuidar el medio ambiente y además sumar y restar, las vocales, los números del 1 al 10, las formas, los días de la semana… con el objetivo de acercar el juego al aprendizaje de los niños.