NOTA DE
PRENSA: ASCM 26 de Novembro de 2013
A
ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” FARÁ ENTREGA DO PREMIO “CARRO
DE PLATA” NA CEA ANUAL DO 30 DE NOVEMBRO
A ASCM celebrará a “VIII EDICIÓN PREMIO CARRO DE PRATA”
nunha cea que terá lugar no Hotel Husa Odeón (Narón) o sábado 30 de novembro
onde se dará a coñecer a persoa ou entidade que recibirá este premio honorífico
O
premio “Carro de Prata”, cunha periodicidade bienal, foi instaurado pola ASCM
no ano 1997 co obxectivo de recoñecer e galardoar públicamente, dun xeito
honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polas súas accións a
prol do colectivo de discapacitados/as dentro do marco da nosa comarca de
ferrolterra, tanto no campo da accesibilidade como no ocio e tempo libre,
deporte, integración social, cultural, laboral, ou no eido da investigación,
etc.
Nesta
VIII edición do premio “Carro de Plata”, os nominados ao premio son: Fundación ONCE, D. Diego Calvo Pouso e D. Carlos Díaz Arnau.
A
Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” quere resaltar públicamente os
méritos dos tres nominados ao “PREMIO CARRO DE PLATA” pola súa importante labor
e implicación en beneficio das persoas con algún tipo de discapacidade e pola inestimable
colaboración con entidades como a ASCM que traballa día a día dende fai moitos
anos polas persoas e coas persoas discapacitadas.
Asimesmo e nesa mesma velada a ASCM
outorgará a distinción “Voluntario/a del Año” á persoa voluntaria da entidade,
e previamente elexida polo Equipo de Voluntariado da ASCM, merecedora dun
recoñecemento público pola súa labor solidaria e o seu traballo voluntario
durante este ano, nesta ocasión a distinción de Voluntario/a do Ano recae na
persoa de Dna. Herminia Castro Brea
(Yeyé)
Máis información:
ASCM Ferrol: Tf.-
981351430
ASCM Narón: Tf.-
981385366
No hay comentarios:
Publicar un comentario