Mostrando entradas con la etiqueta CarrodePrata. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CarrodePrata. Mostrar todas las entradas

27.11.13

A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” FARÁ ENTREGA DO PREMIO “CARRO DE PLATA” NA CEA ANUAL DO 30 DE NOVEMBRO

NOTA DE PRENSA: ASCM  26 de Novembro de 2013


A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS “ASCM” FARÁ ENTREGA DO PREMIO “CARRO DE PLATA” NA CEA ANUAL DO 30 DE NOVEMBRO


A ASCM celebrará a “VIII EDICIÓN PREMIO CARRO DE PRATA” nunha cea que terá lugar no Hotel Husa Odeón (Narón) o sábado 30 de novembro onde se dará a coñecer a persoa ou entidade que recibirá este premio honorífico


O premio “Carro de Prata”, cunha periodicidade bienal, foi instaurado pola ASCM no ano 1997 co obxectivo de recoñecer e galardoar públicamente, dun xeito honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polas súas accións a prol do colectivo de discapacitados/as dentro do marco da nosa comarca de ferrolterra, tanto no campo da accesibilidade como no ocio e tempo libre, deporte, integración social, cultural, laboral, ou no eido da investigación, etc.

Nesta VIII edición do premio “Carro de Plata”, os nominados ao premio son: Fundación ONCE, D. Diego Calvo Pouso  e D. Carlos Díaz Arnau.

A Asociación Sociocultural de Minusválidos “ASCM” quere resaltar públicamente os méritos dos tres nominados ao “PREMIO CARRO DE PLATA” pola súa importante labor e implicación en beneficio das persoas con algún tipo de discapacidade e pola inestimable colaboración con entidades como a ASCM que traballa día a día dende fai moitos anos polas persoas e coas persoas discapacitadas.

Asimesmo e nesa mesma velada a ASCM outorgará a distinción “Voluntario/a del Año” á persoa voluntaria da entidade, e previamente elexida polo Equipo de Voluntariado da ASCM, merecedora dun recoñecemento público pola súa labor solidaria e o seu traballo voluntario durante este ano, nesta ocasión a distinción de Voluntario/a do Ano recae na persoa de Dna. Herminia Castro Brea (Yeyé)

Máis información:
ASCM Ferrol: Tf.- 981351430
ASCM Narón: Tf.- 981385366


18.7.09

VII EDICION DO CARRO DE PRATA "2009"


CARRO DE PRATA "Edicions anteriores"

II EDICIÓN (1999) Coral Seoane Malde (Concelleira de Servicios Sociais do Concello de Ferrol)

III EDICIÓN (2001) Centro Rexional de Educación Especial Carmen Polo.

IV EDICIÓN (2003) Parroco de Santa Cecilia Manuel Ladra.

V EDICIÓN (2005) Fundación Vodafone. Nominado o Grupo de Voluntariado ASCM.

VI EDICIÓN (2007) José Mª Valencia Ces (Antigo SEREM e Fundación Paideia)