10.5.07

CONGRESO VOLUNTARIADO (SANTIAGO)














A nova Lei de Acción Voluntaria de Galicia a debate.

O pasado 15 de maio tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago o Congreso Galego de Voluntariado no que se debatiu a nova Lei de acción voluntaria de Galicia.

O programa do Congreso foi o seguinte:

8: 30 - 10:00 Rexistro de participantes e entrega de documentación.
10: 30 Inauguración e benvida polo vicepresidente da Igualdade e do Benestar.
11:00 - 12:00 Presentación técnica do documento de bases para unha nova Lei de acción voluntaria.
12:00 - 12:30 Descanso - Café.
12:30 - 13:00 Constitución dos grupos de traballo e presentación dos obxectivos dos mesmos.
13:00 - 14:00 Debate nos grupos de traballo.
14:00: Xantar.
16:00 -17:30 Continuación do debate nos grupos de traballo.
17:30 - 18:00 Descanso – Café
18:00-19:00 Presentación de conclusións.
19:00 Clausura do congreso polo director xeral de Xuventude e Solidadiedade.

9.5.07

ANGEL SANTAMARINA

Dende aqui queria deixar esta invitación para todos os voluntarios e amigos que queran asistir a Xornada Deportiva de Atletismo que organiza a Asociación Nosa Sra. de Chamorro o vindeiro sábado día 12 de maio no Estadio Municipal "Rio Seco" en Narón para animar o noso compañeiro ANGEL.

O horario da Xornada de ATLETISMO da Liga Deportiva Provincial do ano 2007 é:

10:15 h. Saída Alto do Castaño.
11:00 h. Inicio Competición.
13:45 h. Chegada Alto do Castaño.