29.7.08

CARTAS AO DIRECTOR

Axudas técnicas para persoas de mobilidade reducida nas praias.

Son Lucia, unha moza con mobilidade reducida, que este ano, estaba disposta a gozar dos seus baños estivais nalgunhas praias de Ferrolterra, ao decatarse de que estaban instaladas cadeiras anfibias.

A sorpresa vén cando nunha das praias concretamente na da Graña, está instalada devandita cadeira para poder acceder á auga acodes de mobilidade reducida; pero non existen socorristas en devandita praia.

Quen nos axuda?, non cren que é algo ilóxico?.


Moitas grazas.

Lucia Pérez Pereira
LaVozdeGalicia, 23-7-2008

18.7.08

FIRMA DO CONVENIO COA FUNDACIÓN CAIXA MADRID




Na foto de abaixo de esquerda a dereita: Miguel Hermida (Concelleiro de Servizos Sociais), Ángel Gárate Roca (Presidente da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos), Xoan Gato Díaz ( Alcalde de Narón), José Porca (Director da oficina de Caixa Madrid) e Lucía Pérez Pereira (Secretaria da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos).

O Concello de Narón foi o escenario elixido onte para a firma do convenio de colaboración entre Caixa Madrid, a través da súa Obra Social, e a Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) de Ferrolterra, que recibirá, en virtude dese acordo, os fondos para adquirir un novo vehículo adaptado, que custará 41.000 euros.

11.7.08

PUXA SOLIDARIA "TI A LEVAS"









Representantes da ASCM é GRÁFICAS NARÓN asistiron o Xoves 10 de Xulio no Teatro Jofre a celebración da puxa solidaria "TI A LELAS" con actuacions como a de Pablo Bicho, Los Blumakers e a Compañía Galega de Danza Contemporanea.
Na gala tamén estiveron os alcaldes dos concellos de Ferrol, Ares e Fene xunto a Concelleira de Benestar Social Beatríz Sestayo.