30.8.10

Premio Solidario "Cidade de Ferrol 2010"

Dende a Área de Solidariedade do Concello de Ferrol, nos comunican como entidade candidata ao Premio Solidario "Cidade de Ferrol 2010", que despois da reunión do xurado na que trala valoración dos proxectos presentados, este decidiu por unanimidade outorgar o Premio deste ano ao proxecto "Costurarte: Curso de Patronaxe e Confección Artesanal", da Asociación AFAES Porta Nova. O acto de entrega terá lugar o vindeiro 4 de setembro ás 12:30h na Praza da Constitución do Cantón de Molíns, no marco do III Certame Solidario.