"NO NOS LO IMPIDAS. CAMINA CON NOSOTROS"

18.7.08

FIRMA DO CONVENIO COA FUNDACIÓN CAIXA MADRID




Na foto de abaixo de esquerda a dereita: Miguel Hermida (Concelleiro de Servizos Sociais), Ángel Gárate Roca (Presidente da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos), Xoan Gato Díaz ( Alcalde de Narón), José Porca (Director da oficina de Caixa Madrid) e Lucía Pérez Pereira (Secretaria da Asociación Socio-Cultural de Minusválidos).

O Concello de Narón foi o escenario elixido onte para a firma do convenio de colaboración entre Caixa Madrid, a través da súa Obra Social, e a Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM) de Ferrolterra, que recibirá, en virtude dese acordo, os fondos para adquirir un novo vehículo adaptado, que custará 41.000 euros.

No hay comentarios: