Mostrando entradas con la etiqueta COVID-19. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COVID-19. Mostrar todas las entradas

6.5.21

A iniciativa de Acompañamento telefónico que desenvolvemos xunto ao concello de Fene deixa imaxes moi emotivas

 A usuaria do servizo Botámosche un cable? que desenvolvemos có concello de Fene celebrou cunha voluntaria o seu 90 aniversario




ASCM desenvolve desde o pasado mes de abril un servizo de acompañamento telefónico  có concello de Fene para evitar o illamento durante a pandemia. A pasada semana, Emilia cumpría 90 anos e Raquel, a voluntaria encargada de chamala periodicamente, decidiu visitala para celebrar con ela unha data tan especial.


Repercusión en medios:

5.5.20

Maios de Inclusión de ASCM


  • A familia de Voluntariado de ASCM elaborou flores con materiais de refugallo para elaborar un maio desde casa.
                                            Composición elaborada coas flores de ASCM.

A equipa de voluntariado inclusivo de ASCM elaborou un maio no que a discapacidade está moi presente. A Asociación Sociocultural ASCM colabora tradicionalmente có Concello de Narón na festividade dos maios. 

Ante a situación de confinamento, derivada do COVID-19, ASCM decidui apostar por elaborar o Maio desde casa. A entidade propuxo que a equipa de voluntariado elaborase flores con materiais de refugallo (botellas, cartón, panos de cociña) para elaborar unha composición colectiva.

                                                  A vaca Panchita posando na composición dos Maios de ASCM.


A cadeira de rodas adoita ser a estrutura empregada para a confeción do maio e este ano quixemos que estivese presente no deseño coa fin de visibilizar a discapacidade no mundo da cultura popular. A resposta das persoas voluntarias foi moi destacada; aportando orixinais flores elaboradas con distintos elementos que foron atopando nas súas casas.


É o noso xeito de seguir colaborando coa cultura popular galega e con esta festividade coa que intentamos, hoxe máis que nunca, poñerlle cor á vida.


Grazas a todas e todos!

#SiempreconlaASCM

6.4.20

A Xunta oferta un plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

  • O prazo de inscrición para anotarse nestes cursos formativos comeza a partir do vindeiro mércores 8 de abril.

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril, se estás interesado podes contactar con nós ou realizar ti mesmo a inscripción.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

Os cursos ofertados no ámbito do voluntariado son:
  • Curso en liña: Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria 2020  prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas.
  • Curso en liña: Voluntariado e a transformación social 2020  prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas.
  • Curso en liña: Educación e voluntariado ambiental 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas.
  • Curso en liña:Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias. 2020  prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas 
  • Curso en liña:A acción voluntaria en situacións de emerxencia 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas .
  • Curso en liña plataforma externa: Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1. 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas 
  • Curso en liña: Curso de voluntariado. Nivel básico 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas

Otros cursos para mozas e mozos de entre 16 e 35 anos:

Fotografía dixital;
Crea a túa páxina web;
Influencers dixitais
Xestión do estrés;
Xestión do tempo para o estudo;
Educación en valores no tempo libre;
Orientación vocacional;
Escape Room educativo analóxico e dixital;
Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.
Oratoria: Formación en comunicación 2020