- A familia de Voluntariado de ASCM elaborou flores con materiais de refugallo para elaborar un maio desde casa.
Composición elaborada coas flores de ASCM.
A equipa de voluntariado inclusivo de ASCM elaborou un maio no que a discapacidade está moi presente. A Asociación Sociocultural ASCM colabora tradicionalmente có Concello de Narón na festividade dos maios.
Ante a situación de confinamento, derivada do COVID-19, ASCM decidui apostar por elaborar o Maio desde casa. A entidade propuxo que a equipa de voluntariado elaborase flores con materiais de refugallo (botellas, cartón, panos de cociña) para elaborar unha composición colectiva.
A vaca Panchita posando na composición dos Maios de ASCM.
A cadeira de rodas adoita ser a estrutura empregada para a confeción do maio e este ano quixemos que estivese presente no deseño coa fin de visibilizar a discapacidade no mundo da cultura popular. A resposta das persoas voluntarias foi moi destacada; aportando orixinais flores elaboradas con distintos elementos que foron atopando nas súas casas.
É o noso xeito de seguir colaborando coa cultura popular galega e con esta festividade coa que intentamos, hoxe máis que nunca, poñerlle cor á vida.
Grazas a todas e todos!
#SiempreconlaASCM
No hay comentarios:
Publicar un comentario