22.1.18

Visitamos o xacemento do Caldoval

O sábado a ASCM visitou o Centro de Interpretación de Caldoval, en Mugardos. Unha estupenda experiencia na que coñecimos un xacemento romano do século I d.C, en concreto, trátase dun baño doméstico, único en Galicia, que conta cunha palestra adicada á práctica do deporte e ó coidado do corpo. Para completar a visita, participamos nun Obradoiro de Perfumes.
Anotade este espazo na  vosa axenda, porque a visita merece a pena.



No hay comentarios: