18.12.17

PROGRAMA DE EMPREGO XUVENIL “VOLIN: DINAMIZACIÓN VOLUNTARIADO INCLUSIVO”

A ASCM está a levar o programa “VOLIN: DINAMIZACIÓN VOLUNTARIADO INCLUSIVO” dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, subvencionado pola Consellería de Economía Emprego e Industria, mediante resolución de data 21 de novembro de 2017, cofinanciada esta subvención polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89%.


ACTUACIÓNS

O obxectivo xeral deste programa é a dinamización dun espazo de encontro e fomento do voluntariado inclusivo, no que participen persoas con e sen discapacidade. Polo que é importante a difusión, sensibilización e xestión das actividades de voluntariado a realizar, xestionando altas e baixas, xuntanzas de seguemento e realizando unha avaliación continua do voluntariado que permita correxir erros para poder traballar con equipo de voluntariado de calidade.


INTERESE XERAL E SOCIAL 

O voluntariado inclusivo favorece a integración social das persoas con discapacidade que axudando en actividades de interés xeral sintense útiles e máis motivados, además de sentirse parte dun grupo.

A persoa contratada poderá traballar con persoas con discapacidade, unha experiencia que tanto profesionalmente como persoalmente moi rica dende unha perspectiva integradora no que fortalecerá valores como a tolerancia.

A xestión do voluntariado é fundamental para as entidades sin ánimo de lucro, no que as persoas voluntarias son un recurso humano que hay que valorar. A difusión das actividades e a sensibilización da solidariedade é moi importante tamén.

Os beneficiarios finais serán as persoas voluntarias con e sen discapacidade, actualmente o grupo de voluntariado da ascm que conta con 49 persoas voluntarias.






No hay comentarios: