O domingo 18 de xuño celebrouse o "VI Encontro Interxeracional" Municipal de Narón, un evento organizado pola Consellería de Promoción Social, que dirixe Teresa Sabio, no que participou como outros anos ASCM.
O acto comezou ás 11:30 da mañá no paseo marítimo de Xuvia, con diversas actividades: coma a actuación da Coral Municipal de Narón, sesións de zumba, musicoterapia, danza oriental, as Canteiras do Val, e un grupo de acordeonistas.
Despois das actuacións o alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco e a concelleira de Igualdade, quixeron recoñocer a implicación das entidades colaboradoras cunha entrega de obsequios, onde Paula Gárate como representante da ASCM achegouse a recollelo.
Preto das duas da tarde, maia a calor, deu comezo a comida comunitaria cunha participación de seiscentas persoas.
Pola tarde se retomou a programación de actividades musicales, e unha xornada de agility, así como tamén rutas de senderismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario