Suspéndese ata novo aviso o VI Congreso galego de voluntariado 'As persoas nas organizacións solidarias'
Queda suspendido ata novo aviso o VI Congreso Galego de Voluntariado que, baixo o lema "As persoas nas organizacións solidarias", estaba a organizar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para o vindeiro 13 de xuño na Estación Marítima de Vigo.
Non obstante, mantense para a mesma data o III Foro da Solidariedade, co mesmo título, se ben este se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8).
A Dirección Xeral e Xuventude e Voluntariado lamenta profundamente este incidente, que se produce por causas alleas á súa vontade, e agarda poder dar en breve novas noticias ao respecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario