A Boccia é un deporte paraolimpico moi similar á petanca, para personas con grandes discapacidades.
Existen catro categorías: BC1, onde os deportistas xogan coa man (ou pé) e necesitan a axuda dun auxiliar; BC2, os deportistas poden lanzar a bóla coa man, aínda que non necesitan axuda; BC3, nesta categoria os xogadores non poden tirar coa man e para iso utilizan unha canaleta e contan coa axuda dun auxiliar; BC4, fórmana xogadores que teñen lesións de carácter non cerebral ou cerebral dexenerativo.
Ademais existe as categorías de parellas BC3, parellas BC4 e equipos que estarán formados por deportistas das categorías BC1 e BC2.
Na xornada da Liga Galega do 5 de maio a competición realizarase dende as 9.00 ata ás 19:00 aproximadamente. E o campeonato Nacional de clubes comenza o xoves 14 de maio realizando tarefas de clasificación de material e xogadores, a competición oficial arranca de 9:00 a 19:oo horas o venres 15 para continuar o sábado 16 para rematar o domingo 17 o medio día.
Perfil:
Persoa maior de 18 anos
Sensibilidade coas persoas con discapacidade
Interese polo deporte adaptado.
Preferiblemente da zona Ferrol ou comarca.
Funcións: Controlador de tempos dos partidos de boccia.
Días competición: Venres 15 (9:00 a 19:00) , sábado 16 (9:00 a 19:00) e domingo 17 (9:00 a 15:00) de xuño de 2012
Lugar: FIMO A Malata (Ferrol)
Notas: Flexibilidade horaria en función da disponibilidade do voluntario/a.
Formación previa á actividade impartida pola entidade o próximo sábado 9 de xuño de 2012 de 10:30 a 13:30 horas en Estrada de Castela, 256 baixo (Narón) Telf. 981385366
Datos de contacto: Asociación Sociocultural de Minusválidos "ASCM"
Email: ascm.ferrol@ascmferrol.com
Telef.: 981385366 (10.00 a 14.00)
No hay comentarios:
Publicar un comentario