"QUEDATE EN CASA Y SI NECESITAS ALGO CONTACTA CON NOSOTROS"

5.5.20

Maios de Inclusión de ASCM


  • A familia de Voluntariado de ASCM elaborou flores con materiais de refugallo para elaborar un maio desde casa.
                                            Composición elaborada coas flores de ASCM.

A equipa de voluntariado inclusivo de ASCM elaborou un maio no que a discapacidade está moi presente. A Asociación Sociocultural ASCM colabora tradicionalmente có Concello de Narón na festividade dos maios. 

Ante a situación de confinamento, derivada do COVID-19, ASCM decidui apostar por elaborar o Maio desde casa. A entidade propuxo que a equipa de voluntariado elaborase flores con materiais de refugallo (botellas, cartón, panos de cociña) para elaborar unha composición colectiva.

                                                  A vaca Panchita posando na composición dos Maios de ASCM.


A cadeira de rodas adoita ser a estrutura empregada para a confeción do maio e este ano quixemos que estivese presente no deseño coa fin de visibilizar a discapacidade no mundo da cultura popular. A resposta das persoas voluntarias foi moi destacada; aportando orixinais flores elaboradas con distintos elementos que foron atopando nas súas casas.


É o noso xeito de seguir colaborando coa cultura popular galega e con esta festividade coa que intentamos, hoxe máis que nunca, poñerlle cor á vida.


Grazas a todas e todos!

#SiempreconlaASCM

No hay comentarios: