Tes ganas de axudar? Queres facer algo significativo e
deixar a túa pegada?
Na nosa asociación sabemos que o voluntariado é o corazón
que nos move. Persoas coma ti, con enerxía e ilusión, son a peza que falta para
transformar a vida de moitas outras.
Míranos! A alegría, o sorriso, as ganas de traballar... iso
é o que se sente cando formas parte do noso equipo. Non importa a túa
experiencia, soamente as túas ganas de sumar!
...FALTAS TI!
Sé o cambio. Fai a diferenza. Vente facer voluntariado con
nós.
Máis información e contacto:
- Chámanos:
981 351 430 | 604 055 703
- Escríbenos:
info@ascmgalicia.org
Únete á Rede de Voluntariado ASCM Galicia!
No hay comentarios:
Publicar un comentario