19.12.19

ASCM quere desexarte un bo nadal e un próspero aninovo


  • A Asociación Sociocultural ASCM remata un ano cargado de iniciativas, proxectos e retos, dentro da súa misión de converterse en axente innovador da inclusión das persoas con diversidade.
                                               Felicitación de Nadal da ASCM.

ASCM quere aproveitar estas datas tan especiais para todas e todos e facer balance dun ano intenso: cheo de novidades e de propostas e proxectos integradores levados a cabo pola entidade. En ASCM o obxectivo prioritario é garantir a plena inclusión das persoas con discapacidade na nosa sociedade, e queremos agradecer o apoio prestado ás empresas colaboradoras, administracións, cidadanía, persoas asociadas e, especialmente, á nosa equipa de voluntariado. Grazas a todos desde ASCM puidemos desenvolver moitas iniciativas que permitiron sensibilizar e concienciar á cidadanía da importancia da accesibilidade universal.


O vindeiro 2020 comezará con ilusión e forza, desde o seo da ASCM, con iniciativa, ganas e corazón para ser capaces de desenvolver as liñas estratéxicas de actuación, da entidade, por toda a xeografía galega. Antes de comezar ese novo reto, desexamos recargar forzas e empregar este tempo de nadal para celebrar que, un ano máis, a gran familia de ASCM segue tan unida coma sempre. Bo Nadal e os mellores desexos para todas e todos e... a recargar pilas e voltar con forzas nun ano novo no que faremos escoitar o noso lema de #SiempreconlaASCM.


Grazas a todxs!


No hay comentarios: