A Asociación Sociocultural ASCM celebrará o sábado, día 29 de setembro,
en Ferrol a I Carrera Inclusiva de
Cor SporTod@s. Trata do que se denomina una “Holi Run”, un evento eminentemente festivo no que os
participantes darán dúas voltas a un circuito de 2 km ó longo do cal serán
espolvoreados con distintas cores por voluntarios da organización. O traxecto realizarase en A Malata na contorna do recinto feiral de Ferrol a
partir das 17:30 horas.
A carreira pretende ser unha
iniciativa inclusiva e polo tanto non se establecerán limitacións de
participación de ningún tipo, poidendo inscribirse persoas de todas as idades e condicións que, se o desexan poderán ir acompañados tamén polas súas mascotas, ás que, por suposto, se lles asignará tamén un dorsal.
A inscripción poderá formalizarse
dende o luns día 10 nas oficinas da ASCM en Ferrol (R/ San Roque e Ánimas,
Bloque, 2 – Baixos 18-19 – Frente ó polideportivo de Esteiro). Os interesados
poderán solicitar todo tipo de información ó respecto chamando ó teléfono 981
35 14 30 ou a través do mail ascm.ferrol@ascmferrol.com
CUOTAS
A cuota de inscrición é de 10€,
se ben, por tratarse dunha actividade respaldada polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia,
para os mozos e mozas entre 16 e 30 anos, e mozos e mozas con discapacidade entre 16 e 40 anos, a inscrición é de balde, como tamén o é para os nenos e nenas entre 0 e 3 anos. Entre 4 e 15 anos, a cuota será de 3€. Os que se inscriban en
grupos de cando menos 8 membros, pagarán 8€ por persoa. A cuota de inscrición
de mascotas será de 1€.
Se aconseja a los participantes
acudir con camiseta blanca y dispuestos a pasar una tarde más que divertida.
JORNADA INCLUSIVA E DE PROMOCIÓN DO DEPORTE ADAPTADO
Esta carreira de cores será o punto final a unha xornada de sábado pensada para promover a inclusión social
do colectivo de persoas con diversidade funcional, e favorecer os hábitos de
vida saudables. Dende as 11:00 da mañá e ata as 13:30 horas, o aparcadoiro de caravanas de A Malata serviranos de espazo para que os que o desexen coñezan de preto, e incluso practiquen, toda unha variedade de deportes adaptados: boccia,
slalom, baloncesto en cadeira de rodas, etc. e poidan poñerse no lugar das
persoas con diversidade funcional. É un paso máis no obxectivo que a ASCM fixouse dende os seus inicios para favorecer a visibilidade do colectivo de
persoas con diversidade funcional e favorecer a súa inclusión social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario