NOTA DE PRENSA: ASCM, 10 de novembro de 2014
A ASOCIACION SOCIOCULTURAL ASCM REMATA O SEU PROXECTO XENTE!! SENTA E SENTE
Nos locales de cada asociación colaboradora permanecerá exposta ata o 24 de novembro unha mostra con fotos recentes e representativas do tema da accesibilidade e cada parroquia terá fotos do seu ámbito máis próximo.
O vindeiro martes 11 de novembro ás 17:00 h. a ASCM dará por rematado na AAVV Altea de Xuvia o proxecto "Xente!!, Senta e Sente" que desenvolveu por todolos barrios e parroquias de Narón coa colaboración do Concello de Narón e do movemento asociativo.
Nesta última xornada contarase coa asistencia da Concelleira de Promoción Social e Igualdade do Concello de Narón, Dna. Teresa Sabio
“Xente!!! SENTA E SENTE” acercou durante estos meses á cidadanía a problemática diaria sobre barreiras arquitectónicas que as persoas con discapacidade atopan no seu entorno. Cun obxectivo xeral consistente en visibilizar as barreiras arquitectónicas e sociáis aínda existentes, a ASCM leva a cabo diversas accións facendo sentir a os vecinos/as como sente unha persoa con diversidade funcional cando se atopa coas dificultades no seu entorno habitual.
Dentro deste proxecto, persoas do equipo de voluntariado da ASCM recolleron un total de 250 enquisas feitas ás persoas que participaron nesta experiencia , donde se plasman as opinión destes vecinos e veciñas con respecto á accesibilidade do seu barrio. A ASCM presentará os resultados das enquisas ao Concello de Narón, unha vez valoradas.
Máis información:
comunicacionascm@gmail.com
ASCM Ferrol– Tf. 981 351430
ASCM Narón – Tf. 981 385366
No hay comentarios:
Publicar un comentario