6.10.14

A ASCM PRESENTA ESTE MERCORES O PROXECTO SENTA E SENTE




NOTA DE PRENSA: ASCM, 6 de outubro de 2014

A Asociación Sociocultural ASCM presenta un proxecto de sensibilización a os veciños de Narón

A ASCM presenta, o mercores 8 de outubro as 12:00h no Concello de Narón, o proxecto “Xente!!! SENTA E SENTE” Este proxecto ten como finalidade facer sentir a os veciños por si mesmos como sente unha persoa con diversidade funcional ante as dificultades coas que se atopa a cotío no seu entorno habitual. 

“Xente!!! SENTA E SENTE” é unha iniciativa da ASCM que quere acercarse a cidadanía co apoio das asociacións veciñáis do concello de Narón e outras entidades para crear un espazo de participación ao que se achegue a problemática diaria das persoas con discapacidade, para visibilizar as barreiras arquitectónicas e sociáis aínda existentes, sentindo esta problemática en carne propia e no que despóis poidan expresar a súa experiencia e a súa opinión.

Para levar a cabo os obxectivos anteriormente expostos, ideamos unha serie de actividades que queremos realizar en todalas parroquias ou barrios do Concello de Narón. Faise en colaboración coas asociacions de veciños e outras entidades de Narón que contribuen no desenrolo das actividades en canto ao contacto cos veciños e uso das súas instalacións para a realización das mostras fotográficas.

As actividades que se desenvolverán ata o mes de novembro son as seguintes:

• Mostra da túa parroquia en fotos: en cada local de cada asociación de veciños faremos unha mostra con fotos recentes e representativas do tema da accesibilidade, cada parroquia terá fotos do seu ámbito máis próximo. Esta mostra estará aberta dende o comezo ao final do proxecto.

• Senta e sente: en cada parroquia ou barrio do Concello de Narón, imos por a disposición do público cadeiras de rodas, para que as persoas que o desexen se senten nelas e unha vez sentados den unha volta polo seu contorno. Pretendemos con esta actividade que as persoas sentan o mesmo que sente unha persoa con diversidade funcional que vai nunha cadeira de rodas. Pero a participación non finaliza con isto, senón que despois comentarán tamén en que se pode mellorar cada situación. Finalizaremos cun test de preguntas relacionadas coa accesibilidade.


Máis información:

comunicacionascm@gmail.com

ASCM Ferrol– Tf. 981 351430

ASCM Narón – Tf. 981 385366











No hay comentarios: