3.6.14

ENCONTROS LOCAIS DA MOCIDADE 2014





Xa están aquí de novo! Xa temos en marcha os novos Encontros Locais da Mocidade. 

A cita? O vindeiro venres día 6 de xuño, no lugar de sempre, nos arredores da Casa da Mocidade na Gándara.
Abofé que queredes saber que actividades se van desenvolver este ano, non vos imos facer agardar máis! Estas son as actividades previstas:

Exhibicións
Teremos aos nosos artistas do graffitti dándolle ao sprai de 16: 00 h a 24:00 h. Se fai bo tempo fóra, se chove ou no tunel ou noutro lugar alternativo. 
Atent@s! De 17:45 ás 18:00 horas teremos unha performance de Miscelánea, non tedes curiosidade por saber de que vai! Nós si!
Zumba! De 18:00 a 18:30 horas poderemos quitar a ferruxe do corpo coa exhibición de Zumba, a ver quen pode seguirlles o ritmo! 1,2,3...zumba!
E para a xente de Narón máis curiosa! Temos unha boa preparada, de 18:45 a 19:15 poderemos ver unha exhibición de Jugger. Si, si, de Jugger...non sabedes que é? Investigade un pouco na rede e atoparedes información. Se o facedes, en DMTK estamos seguros de que non faltaredes!
Se non rachades antes, poderedes achegarvos ao relaxante mundo do Tai-Chi, de 19:00 a 20:00 horas teremos unha exhibición.


Concertos
Dende as 20:30 horas teremos música a cargo da xentiña das escolas municipais.
De 20:30 a 20:50 horas teremos a actuación do grupo de alumnos da escola. 
Despois poderemos escoitar dous grupos que actuarán durante media hora cada un (horas de comezo estimadas 21:00 e 21:40 h) para dar paso a Bulldozer (22:10 h) e a Wolfram (23:10 horas)

Obradoiros
Non só de música viven as persoas! Haberá que coller algo de habilidade, non? Que tal os nosos habituais obradoiros? Os obradoiros vanse relizar entre as 17:00 e as 22:00 horas aproximadamente.
De 17:00 a 22:00 horas teremos obradoiros de nutrición, tenis de mesa e tiro con arco. Robin Hood bótate a tremer!
Que vos "mola" facer camisetas? Pois ides poder facer algunha que outra no obradoiro de tuneado de camisetas HOPE AND HATE Customs. A ver quen é @ máis artista!
Sodes animais acuáticos? Tipo polvo? Esta é a vosa! De 17:00 a 19:00 h temos á Escola de Surf de Pantín participando no Encontros, achegádevos a descubrir o mundo do surf! Aloha! Ao mesmo tempo a ASCM - Proxecto Peciños vaivos plantexar un circuito con cadeira de rodas, aceptades?

De 19:00 a 22:00 horas, máis actividade! Obradoiro de Patinaxe en liña e flag fútbol.

Se o tempo acompaña os talleres de activación saudable durarían todos de 17:00h a 21:00/22:00h

Ademais contaremos con stands informativos:
Asociacion Sociocultural ASCM
Asociación xuvenil “Xeración”
Asociación Parkour
Carpa XPLORA XUVENTUDE da D.X.Xuventude e Voluntariado ( 18:00-20:00 h)
Que vos parece? Todo nunha soa xornada! Nós por alí andaremos! Imos logo!

No hay comentarios: