15.3.14

CEA DA MULLER EN NARON





Un grupo de mulleres da ASCM participaron na cea tradicional da muller este venres 14 de marzo. A cea (cocido) estaba moi rica e o ambiente foi agradable e alegre.

O Concello de Narón distingue a Dolores Graña Freire co título de MULLER DO ANO 2014, polo seu traballo na Asociación de Veciños Virxe do Mar. Foron moitos anos os que Lola (como todo o mundo a coñece) dedicou aos seus veciños e veciñas a través do seu traballo na Asociación. Muller loitadora, incansable no traballo diario e cun sorriso sempre de benvida para calquera. "Solidariedade" é unha das moitas palabras que poderían definila. Grazas Lola, polo teu exemplo!!!

No hay comentarios: