22.5.08

PROXECTO DE INTEGRACIÓN SOCIOLABORAL "SENTIDOS"


A Asociación Sociocultural de Minusválidos presentou o seu Proxecto de Integración Sociolaboral SENTIDOS á “Convocatoria de Inclusión Sociolaboral de Persoas con Discapacidade” da Fundación “La Caixa”. Dito proxecto foi seleccionado polo Padreado da Fundación que lle concedeu unha colaboración económica de aproximadamente 18.500 €.

Finalidade do Proxecto:

• É a integración ao mundo laboral de persoas con discapacidade de Ferrolterra a través de distintas fórmulas de emprego.

O Proxecto:

A maioría de persoas con discapacidade están excluídas do mercado de traballo que é cada vez máis competitivo e tende a marxinalas por distintas razóns (por escasa cualificación laboral, rexeitamento á independencia, incumprimento dos empresarios a contratar a un 2% de persoas con minusvalía etc…).

Dende a Asociación Sociocultural de Minusválidos loitase pola integración total das persoas con discapacidade nunha sociedade sen barreiras, fomentando a capacidade e a autonomía persoal e promovendo a igualdade de oportunidades no acceso ó mercado de traballo.


Obxectivos específicos:

• Coñecer as necesidades dos socios.
• Determinar o número de persoas con discapacidade que queren acceder a un posto de traballo.
• Determinar os factores a ter en conta para a integración laboral dos demandantes de emprego.
• Incrementar a confianza e seguridade, mellorar a responsabilidade e autoestima persoal.
• Sentirse capacitados para ser traballadores a través da formación.
• En definitiva, mellorar as posibilidades de integración laboral do colectivo de persoas con discapacidade.

1 comentario:

Fernando dijo...

Puse estas dos fotos por que me parecían las idoneas.
La primera presentandose y la segunda frimando el acuerdo.