"QUEDATE EN CASA Y SI NECESITAS ALGO CONTACTA CON NOSOTROS"

6.4.20

A Xunta oferta un plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19

  • O prazo de inscrición para anotarse nestes cursos formativos comeza a partir do vindeiro mércores 8 de abril.

A Xunta impulsa un plan de formación para a mocidade e as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións en materia de voluntariado e de educación non formal durante esta situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19.

Os formularios de inscrición estarán dispoñibles na páxina web de Voluntariado a partir do vindeiro mércores 8 de abril, se estás interesado podes contactar con nós ou realizar ti mesmo a inscripción.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril, salvo esgotamento de prazas. Se nalgún curso houbese prazas máis alá do 13 de abril, a inscrición permanecería aberta ata dous días antes de que comece dito curso.

Os cursos ofertados no ámbito do voluntariado son:
  • Curso en liña: Aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria 2020  prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas.
  • Curso en liña: Voluntariado e a transformación social 2020  prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas.
  • Curso en liña: Educación e voluntariado ambiental 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas.
  • Curso en liña:Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias. 2020  prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas 
  • Curso en liña:A acción voluntaria en situacións de emerxencia 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas .
  • Curso en liña plataforma externa: Comunicación en Lingua de Signos Española. Nivel inicial A1. 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas 
  • Curso en liña: Curso de voluntariado. Nivel básico 2020 prazo de inscrición estará aberto do 8 ao 13 de abril ás 14.30 horas

Otros cursos para mozas e mozos de entre 16 e 35 anos:

Fotografía dixital;
Crea a túa páxina web;
Influencers dixitais
Xestión do estrés;
Xestión do tempo para o estudo;
Educación en valores no tempo libre;
Orientación vocacional;
Escape Room educativo analóxico e dixital;
Obradoiro de gravación de vídeo e Futuro en igualdade.
Oratoria: Formación en comunicación 2020

No hay comentarios: