1.10.18

Explosión de cores pola inclusión

O sábado 29 de setembro o entorno do ferrolán estadio da Malata foi escenario dunha auténtica batalla de cores. Os e as participantes na Carreira Inclusiva SporTod@s, organizada pola ASCM déronse un auténtico baño de cor, no que se convertíu nunha festa pola igualdade e en favor da inclusión das persoas con discapacidade. Queremos agradecer a colaboración que nos prestaron empresas amigas e institucións públicas como a Xunta de Galicia, a través do programa Iniciativa Xove, ou o Concello de Ferrol, porque sen o seu respaldo esta iniciativa non sería posible.

No hay comentarios: