7.11.11

A Universidade da Coruña oferta en Ferrol un "Curso de Formación Básica en Voluntariado"

Dende hoxe e até o día14, permañecerá aberto o prazo de preinscrición para o Curso de Formación Básica en Voluntariado, que terá lugar os días 18 e 19 de novembro no edificio de apoio ao estudo do campus de Esteiro.
O curso, de 16 horas de duración, é gratuito para o voluntariado en activo que así o acredite, e ten un custe de 15 euros para o público xeral. Será impartido por diferente persoas expertas no eido do voluntariado, e fará un repaso polos contido fundamentais para o correcto desenvolvemento da acción voluntaria.
Hai solicitado 1 crédito de libre configuración, e expedirase un certificado de asistencia.
Más información na páxina da UDC

No hay comentarios: